Tratamento do Lixo

O Concello das Neves traballa decididamente en xestionar o ambiente de xeito respetuoso.

En canto ao tratamento do lixo estamos actualmente en fase avanzada do Plan Revitaliza, plan de xestión dos residuos orgánicos  mediante a COMPOSTAXE.

Este plan é financiado pola Deputación de Pontevedra, axuda coa que podemos adquirir materiais precisos para a implantación e desenvolvemento.

A Deputación tamén financia 2 postos de MESTRE COMPOSTEIRO. Un presta os seus servizos dende novembro de 2018 e outro dende maio de 2020 ocupándose da xestión dos centros comunitarios, a compostaxe indidual, a trituración e outras funcións na xestión de residuos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ámbitos como o tratamento do lixo, a xestión do Punto Limpo, o tratamento de pragas son entre outras ocupacións deste departamento.