Como mellorarías as rúas e espazos públicos de As Neves?

O Concello das Neves e a Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a realizar a recollida de datos para a confección dun Plan de Mobilidade Sustentable no concello, incorporando os distintos puntos de vista e sensibilidades presentes na veciñanza.

O obxectivo de este plan é atopar, entre todos e todas, xeitos de mellorar a mobilidade no Concello: facela máis sustentable (tanto ambiental como economicamente), adaptala ás necesidades da veciñanza para aproveitar mellor os recursos, facilitar hábitos máis respectuosos co medio ambiente; e tamén facela accesible a todas e todos de xeito seguro, reducindo as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e o coche, así como o acceso aos transportes públicos.

Para conseguir isto estudaremos durante os próximos meses os desprazamentos a pé, en bicicleta, en vehículo privado e en transporte público.

Completando a información recollida por estudos anteriores, precisamos entender a realidade das distintas parroquias do concello. Por iso, creemos que o voso punto de vista do é moi importante e queremos convocarvos a unha xuntanza de máximo un dúas horas de duración, que terá lugar na Biblioteca Municipal o vindeiro luns 18 de Marzo ás 19.30 horas.

Neste encontro informarásevos sobre o proceso que se está levando a cabo e pedirásevos unha pequena colaboración na recollida de datos para o plan.

A túa opinión importa, anímate a participar!

Tamén está aberta a posibilidade de cubrir enquisa no documento online en https://www.cognitoforms.com/PlanificacionTEC/MOBILIDADEASNEVES ou en papel en PMUS As Neves enquisa en papel 

Máis información en PMUS As Neves máis información