A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2021 teñan un/unha fillo/a, adopten, ou estean en situación de garda con fins adoptivos.

✅ Contía da axuda

− Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.

✅ Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a axuda no segundo ano de vida, e ata que o neno ou nena faga 3 anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:

a) 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
b) 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
c) 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ousucesivos. 

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nadas/os entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

Presentación de solicitudes

Deberá facerse en sede.xunta.es cos procedementos BS403B. O prazo para facelo é de dous meses desde o día seguinte ao nacemento ou ao día no que se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

👉 Orde da convocatoria publicada no DOG nº11, do 19 de xaneiro de 2021: bit.ly/36Arplb

👉Máis información en http://www.familiasgalegas.org e en tarxetabenvida.familia@xunta.gal.