O Concello de Salceda de Caselas e o Concello das Neves desenvolven un novo servizo en conxunto. Este é o servizo de Atención Temperá destinado as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias.

Trátase dun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno. Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenrolo ou en risco de padecelos.

+ información en: FOLLETOS SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ (SAT)