from to
Cultura Festexos Novidades
Presentada a Feira do Requeixo e do Mel das Neves que este ano dobra a súa duración
A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra en As Neves, está a abranguer este ano un gran número de propostas que levan sucedéndose varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.
Así o explicou na presentación da feira,este venres, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do presidente de la cooperativa do requeixo do Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, e da técnico de Turismo de As Neves, María Francisco.
Un programa ateigado de actividades
O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.
Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións de As Neves e para os e as amantes do deporte.
Cumprindo coa tradición, nesta edición os asistentes poderán probar unha nova receita que ten coma base o requeixo: unha ensalada con salsa de requeixo salgada, algas, mexilóns e brotes de mostaza.

Pregón do chef Iván Domínguez
Como xa é tradicional, o ‘día grande’ da feira será o venres 19, ‘venres santo’, no que a mesma quedará aberta ás 11 da mañá, antes de dar paso ao pregón que este ano estará a cargo do chef Iván Domínguez, do restaurante  Nado, ‘Estrela Michelín’ e integrante do Grupo Nove.
Como en anos anteriores o pregón consistirá na elaboración dunha receita na que o chef empregará requeixo coma un dos principais ingredientes da mesma.
Ese mesmo día terá lugar a entrega dos premios do II Concurso de Receitas Requeixo das Neves, convocado o martes día 16 e no que paticipan estudantes do Obradoiro de EFA-A Cancela.
Haberá, de seguido, animación musical, a actuación de Circo Chosco, na Praza Maior, para os cativos, e pechará a xornada, no mesmo escenario, o concertó de A Banda das Crechas e Davide Salvado.
O segundo día, sábado 20
A novidade deste 2019 será a suma dun segundo día de Feira que empezará co Kaiak do Requeixo, no río, da man dos integrantes de Paralelo Zero. Seguirá co I Gran Capítulo Cofradía do Tinto das Rías Baixas e continuará co ‘Vermú Musical’ na Praza Maior. O remate da feira será para as rapazas e rapaces coa actuación, xa pola tarde, de Os Meninos, na Praza Maior.
Bases II Concurso de Receitas: