Os Concellos de Ponteareas e As Neves inician o desenvolvemento dun novo obradoiro de emprego. Será unha nova edición do que xa fora impartido anteriormente, e que inclúe as modalidades de atención socio-sanitaria e conservación e mellora de montes e traballos forestais.

20 prazas e traballo durante 9 meses

Cun total de 20 prazas (10 para cada modalidade) para os dous concellos, o obradoiro ‘Coidar de nós III‘ permitirá ao alumnado obter unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo durante nove meses.

Así, o alumnado-traballador será contratado, e percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Inscrición en oficinas ou no portal electrónico de Emprego

Para participar é preciso inscribirse na oficina de emprego (cita previa chamando ao 012) ou no portal electrónico de Emprego da Xunta de Galicia cumprindo os seguintes requisitos: ser maior de idade e poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro mediante un contrato de tales características.

Máis información do obradoiro en: https://bit.ly/3nzAnVS