O Ministerio de Sanidade vén de aprobar o fin da vixencia do ‘Estado de Alarma’ no territorio galego a partir do luns 15 de xuño.

Estes son os principais cambios que se aplicarán a partir dese momento

1. Permitida a mobilidade entre as catro provincias galegas.
2. Mantemento da distancia mínima interpersoal de 1,5 m.
3. Uso obrigatorio de mascarilla cando non se pode manter esa distancia ou en lugares con moita xente, especialmente nos pechados. O non cumprimento desta medida, supón unha infracción que pode ser multada con ata 100 €.
4. Recomendación da realización dos pagos con tarxeta bancaria.
5. Hixiene frecuente de mans. Tamén de espazos públicos nos de uso común.
6. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 75% do aforo establecendo as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal. Fixarase un horario de atención con prioridade para maiores de 65 anos.
7. Hostalaría e restauración: Poderase servir no interior ata o 75% do aforo, e garantindo, en todo caso, o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade. Na terraza a capacidade máxima permitida é do 80% das mesas e respectando o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.
8. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común, respectando un aforo máximo do 75%.
9. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 75% do aforo. Manterase a distancia de seguridade e, o aforo máximo debe publicarse nun lugar visible do espazo destinado ao culto.
10. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 150 persoas nos lugares pechados e 250 nos abertos, non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo.
11. Velorios e enterros: Poderán xuntarse ata 60 persoas nos lugares abertos e 30 nos pechados.                                                                                        12. Mercados ao aire libre: Amplíase o número de postos ata o 75% dos postos, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
13. Actos culturais: Permítense actos deste tipo cun máximo de 300 persoas en lugares pechados e 1.000 ao aire libre. Non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo empregado en co público sentado en butacas previamente asignadas.
14. Permítese a realización de deporte de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade
interpersoal. Os eventos deportivos poderán realizarse contando cun protocolo específico, que será trasladado á autoridade competente e que deberá ser comunicado aos seus participantes.
15. Están permitidas tanto a actividade cinexética como a pesca en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou se utilicen medidas alternativas de protección física como o uso da mascarilla. Non se poderán compartir utensilios nin comida ou bebida.
16. Actividades de tempo libre infantil e xuvenil:
a. Ao aire libre, deberase limitar o número de participantes ao 75% da capacidade máxima habitual, cun máximo de 250 participantes, incluíndo monitores.
b. No caso de actividades en lugares pechados, non se deberá exceder o 50% do aforo, cun máximo de 150 participantes, incluíndo monitores.
17. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados.
18. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, sempre que non se supere o 75% da capacidade permitida e cun límite máximo de 300 persoas sentadas para lugares pechados e
1.000 de mil persoas sentadas ao aire libre.

👉Acceso ao Diario Oficial de Galicia (RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020) do sábado 13 de xuño de 2020: https://bit.ly/2YyQeJk.
👉 Acceso á publicación no Boletín Oficial do Estado BOE (RDL 21/2020) do mércores 10 de xuño de 2020: https://bit.ly/2UFFwQc.