Outras Actuacións

Renovación Camión de Bombeiros

Convenio coa Consellería de Medio Rural no que se recibe un novo camión motobomba co compromiso de participar nas campañas de extinción.

Nova desbrozadora para tractores

A adquisición de esta nova maquinaria permitenos maior axilidade e rapidez na limpeza das vías.

Renovación do camión do lixo pequeno

A colaboración coa Deputación a través do Plan Revitaliza, na busca unha xestión máis sostible do lixo, permitirá a adquisición de novos medios, como un camión.

Xestión Vespa Velutina

O Concello apoia a loita contra a praga da vespa velutina, especie invasora, retirándose ate o momento máis de 800 niños. O concello aporta medios e coordina as actuacións, pero son as persoas voluntarias as encargadas de realizar o traballo de xeito totalmente gratuíto.

Adquisición de contedores amarelos, verdes, azuis e de vidro

O Concello segue avanzando na transformación do sistema de tratamento do lixo dotando aos seus núcleos de poboación de máis posibilidades para a reciclaxe. Para elo adquiríronse contedores para a recollida selectiva de papel-cartón, envases e outros de tamaño menor para o seu uso en eventos, a través da financiación do fondo de compensación ambiental.

Plan de Prevención de Incendios e ordenanza de biomasa

O plan e as normas e ordenanzas de xestión forestal que de el se derivan forman parte da estratexia municipal na loita contra os incendios forestais. Este documento permite identificar os puntos do territorio municipal máis conflitivos e con maior risco de incendio, para logo determinar as medidas precisas de protección e prevención.

Compra material: hidrolavadora, soplador, vallas, espellos, bomba de calor, sinais

Adquisión de diferentes ferramentas precisas para a mellora dos traballos díarios.

Adquisición de furgoneta

Este novo vehículo serve para mellorar a prestación dos servizos públicos substituíndo a algún dos vehículos máis antigos que están no límite da súa vida útil.

Melloras emprego, salarios, xornadas, epis

Cada ano o Concello crea máis emprego e de máis calidade en canto as condicións laborais dos traballadores, o cal redunda na mellor prestación de servizos.

Comunicación RRSS: facebook, twitter, instagram, youtube

Coa mellora das comunicacións o Concello vólvese transparente e informador. Comunicación diaria de todo o que ocorre nas Neves en tódolos medios posibles.

Reforma da páxina web

Esta reforma afonda na aposta polas ferramentas informáticas como canle de comunicación entre a veciñanza e o concello, apostando ademais polo dominio .gal, que naceu froito dunha iniciativa popular. Así, a páxina web municipal pasa de ser www.asneves.com a www.asneves.gal.

Edición do libriño Verán Cultural

O Concello colabora con tódalas asociacións e clubes editando o libriño do Verán Cultural co que se presentan tódolos eventos festivos.

Edición de material turístico

O concello edita novos folletos turísticos con imaxe renovada, crea un logo específico de turismo, web propia, etc.

Reparación de marquesiñas

Leváronse a cabo reparacións en teitos e paredes das marquesiñas que estaban danadas, case sempre por accións vandálicas.

Creación do CEMAN (consello escolar municipal)

O Consello Escolar está composto por representantes do tódolos centros escolares, das Anpas, representantes do Centro de Saúde, do Centro de Día e da Escola Infantil. Nel coordinanse accións encamiñadas a mellora en calquera dos ámbitos e momentos formativos e debe reunirse polo menos 2 veces por ano.

Obradoiro de emprego ViñoCultura San

Este proxecto desenvólveuse en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño e a Xunta de Galicia a través do seu programa de Obradoiros de Emprego. O obradoiro tivo un formato mixto de formación e emprego, e unha duración de nove meses. Nel participaron 20 persoas en situación de desemprego e un equipo formado por cinco docentes e outorgáronnse dous certificados de profesionalidade: ‘Elaboración de viños e licores’ e ‘Promoción turística local en formación ao visitante’.

Obradoiro de emprego Coidar de nos

Este proxecto desenvólvese en colaboración co Concello de Ponteareas e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. No obradoiro participan 20 persoas en situación de desemprego que se capacitan en duas ramas (sociosanitaria e xardinería).

Ordenanza de impulso do uso da lingua

Esta ordenanza aprobada polo Pleno do Concello establece accións que o Concello debe emprender, así como os criterios lingüísticos para seguir nas diferentes accións, ámbitos de actuación e situacións comunicativas, de cara ó impulso social da lingua galega. Esta ordenanza xurde ó abeiro do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, polo cal as corporacións locais poden e deben desenvolver accións encamiñadas á implicación cidadá, á dinamización, á recuperación social e ao incremento do uso e prestixio do galego nos distintos ámbitos e sectores sociais.

Formación en sector primario: poda, apicultura…

O Concello ten organizado diferentes accións formativas no ámbito do sector primario, dende a poda preventiva das enfermidades da madeira, ate a apicultura.

Días da violencia machista, muller traballadora, lgtbi…

O Concello leva promovido diferentes accións na busca dunha sociedade máis igualitaria, centradas nas problemáticas de igualdade, da violencia machista, e a identidade de xénero. Dende charlas e actuacións artísticas, ate accións reivindicativas que tomaron as rúas do casco urbano, chegando ó Plan de Igualdade Municipal.

Promoción do viño o requeixo e o mel, a restauración

Vense realizando un traballo intenso de poromoción coa asistencia a feiras como Fitur ou Xantar entre outras e a promoción continua en tódolos eventos.

Ruta do Pincho do Tinto Rías Baixas

Posta en marcha da Ruta do Pincho Rías Baixas que xa vai pola súa terceira edición.

Reclamación e xestión pola Plisan

Reunións sobre a Plisan cos máximos dirixentes de Zona Franca, IGVS e o Porto de Vigo acordando a construcción das EDAR e ETAP e o avance para utilizar o millón de metros cadrados que estaban excluídos.

Plan de intervención sociocomunitaria

Un proxecto de Atención Sociocomunitaria para a dinamización de persoas maiores que viven soas no rural, a través dun convenio de colaboración coa Obra Social La Caixa, nun compromiso en dar unha resposta ós efectos psico-sociais provocados pola vaga de incendios do mes de outubro de 2017. O Proxecto chega ás 13 parroquias do municipio e trata de programar actividades que poidan sosterse no tempo, mesmo cando xa non exista financiamento para as mesmas, e que incida na interrelación entre persoas maiores que non estean acompañadas.

Voluntariado

Tralos incendios de Outubro de 2017, As Neves procurou articular desde o primeiro momento unha resposta sociocomunitaria que se enfrontase eficazmente ás consecuencias dos lumes. Á vez que os propios servizos sociais, xogou un papel determinante a organización de grupos de voluntariado que progresivamente foron asumindo tarefas de primeira necesidade. Atención porta a porta, repartos de auga, xestión das axudas e da reforestación entre outros.

Reducción impostos 95% obras dos lumes

Para favorecer a subsanación de danos en edificacións xa existentes no termo municipal que foran afectadas polos incendios que tiveron lugar o pasado 15 de outubro de 2017, as obras de reparación, rehabilitación e reconstrución, ou nova construción sempre que veña imposta por imperativo legal, gozarán da bonificación do 95%. Esta bonificación ten efectos retroactivos a tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas dende o 15 de outubro de 2017 e estendeu os seus efectos ata o 31 de decembro de 2018.

Plan de Bacheo

O Concello dispón de preto de 300 quilómetros de vías municipais que debe manter de xeito continuo. Anualmente se procede a realizar bacheos e asfaltados novos segundo as necesidades das vías.

Sinalización de barrios e parroquias

Este proxecto de instalación de sinais informativas é unha demanda común da veciñanza, non só para orientación de visitantes, senón tamén para a prestación de servizos como ambulancias ou repartos, ademais de poñer en valor os moitos lugares de interese que o municipio posúe. Nunha primeira fase o Concello, en colaboración coa Deputación Provincial, instalou sinais en 7 parroquias. En marzo de 2019 instálase a segunda fase que deixa completamente sinalizado o Concello.

Plans de mobilidade urbana sostible e de espazo público

Na súa aposta por unha mobilidade máis sustentable o Concello, en colaboración coa Deputación Provincial, elabora o Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS). É este un plan estratéxico que busca avaliar e planificar as necesidades presentes e futuras de mobilidade para as persoas e mercadorías mediante procesos técnicos e de participación cidadá. Este plan permite contar cun deseño completo de todo o Concello, marcando as necesidades, as prioridades e os orzamentos das distintas tarefas a desenvolver; ademais de permitir optar a financiamento europeo para desenrolar as actuacións que de el se deriven.

Plan de mantemento das decantadoras

A xestión do mantemento que antes era a demanda agora é programada anualmente mediante a empresa xestora de residuos.

Reparación de cadros eléctricos e reloxos. tendidos trincheira, s pdr, rtme

Con este proxecto contribúese a aumentar a eficiencia enerxética, redúcese o gasto eléctrico e resólvense problemas de seguridade nos cadros de iluminación pública. Lévanse a cabo diferentes actuacións, parte de elas financiadas a través da Deputación Provincial, que inclúen entre outras a instalación de lámpadas LED, realización de un estudo de consumos, instalación de reloxos astronómicos nos cadros de alumeado público, ou instalación de pechaduras nos cadros eléctricos.

Aforro no gasto electrico con reclamación a Fenosa e a unha empresa de radio

Mediante a información recollida ó facer un estudo da facturación eléctrica municipal nos últimos anos, O Concello puido presentar unha reclamación e consegue recuperar unha importante cantidade de fondos públicos que lle foron facturados erroneamente pola compañía eléctrica Gas Natural Sur S.D.G S.A. Tamén se reclamou a unha empresa que usaba de xeito ilegal electricidade do cadro do alto de San Nomedio.

Renovación da Empresa de mantemento do alumeado

A incorporación dunha nova empresa de mantemento tras o concurso para o novo contrato permitiu ter un mellor servizo e a reparación de avarias en 24-48 horas.

Alumeado de nadal no centro e nas parroquias

O Concello instala alumeado de nadal tanto no centro como nas parroquias para encher de luz as rúas de cara a contribuír ó ambiente festivo destas datas tan sinaladas e mostrar o orgullo de pertencer a As Neves.

Actualización da imaxe corporativa

A conformación da nova identidade corporativa, da imaxe institucional, debe responder a un afán inclusivo, a unha representación gráfica da nosa capacidade para amalgamar as diversidades e proxectar nun símbolo o que somos ou o que pretendemos ser, un espazo de convivencia no que todas as persoas e os territorios contan por igual, sexan grandes ou miúdos, do sur ou do leste, do norte ou do oeste.