Liña Verde

Comunicación de Incidencias

APP Liña Verde

Que é a APP Liña Verde?

Mediante a App ‘Liña Verde As Neves’, é posible informar, facendo so unha fotografía, de calquera avaría, dano, atranco ou perigo que se atope en calquera lugar do concello e que teña que ver co alumeado, abastecemento, saneamento, estradas, camiños e pistas urbanas e rurais, lixo e limpeza, compostaxe, punto limpo ou áreas de lecer e de deportes.

Os veciños e veciñas que o desexen poderán recibir no seu teléfono todas as comunicacións, novas de actualidade e alertas que o Concello publique nas súas redes sociais e participar, tamén, en consultas e enquisas que se fagan dende a administración municipal.

Como funciona?

As avarías ou danos que se comuniquen chegarán ás persoas do Concello encargadas de reparalas e a veciña ou veciño que realice a comunicación recibirá un aviso no seu teléfono móbil informando do estado da reparación -se a mesma está en curso, cando está previsto acometela ou se xa se traballa nela-, e en canto se solucione se lle enviará aviso, incluso cunha fotografía, para que poida ver que, efectivamente, o problema está resolto.

 

Outras utilidades

A APP pódese utilizar tamén para comunicar incidencias que poidan producirse en fontes, lavadoiros e sinalizacións de tráfico, permite denunciar casos de acoso escolar e violencia machista, e alertar de situacións de risco social ou sanitario.

Así mesmo, os cidadáns poden pedir información sobre medio ambiente, realizar consultas e obter respostas personalizadas en 24 horas, solicitar a recollida de residuos, buscar información sobre puntos de interese do concello ou acceder a outros servizos municipais como o de Turismo, Patrimonio, Urbanismo ou Edificios Públicos.