O Concello das Neves pon en marcha o proceso de licitación para a contratación da explotación do bar ou cantina e a limpeza dos vestiarios das piscinas.

👉Esta licitación será para as tempadas de verán dos anos 2021 e 2022.

As persoas interesadas teñen a súa disposición na sede electrónica, nesta web ou no Concello o prego de condicións no que se indica o procedemento e os criterios de valoración entre eles está o prezo e unha serie de melloras no ámbito da cantina-terraza.

👉 O prazo para presentar as ofertas é ata o 9 de xuño.

👉 Documentos 👇

Anuncio

Prego de condicións administrativas