Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas.

✅ Dentro do programa de accións formativas, vén de abrirse o prazo de inscrición para catro cursos presenciais de formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio.

☝️ Dirixidos a persoas desempregadas e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

✌️ Os cursos, que conducen á obtención de certificación de profesionalidade válido en todo o territorio nacional.

👌 Inclúen prácticas profesionais non laborais en empresas e axuda económica para persoas que carezan de rendas ou ingresos iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM e que asistan ao 90% da formación.