👉QUE SON?
Son unhas tarxetas para a compra de produtos de alimentación, hixiene e/ou farmacia destinadas a persoas en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

Cargaranse mensualmente con distintos importes segundo o número de persoas integrantes da unidade familiar, durante os tres meses seguintes á súa entrega.

Estas tarxetas foron creadas a partir dun programa extraordinario de axudas económicas, dentro dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Política Social e a Cruz Vermella Española.

👉QUE REQUISITOS HAI QUE CUMPRIR?
Para acollerse a este programa é preciso residir en Galicia e non percibir ningunha outra prestación económica.

👉COMO E ONDE SOLICITALA?
Estas axudas poden tramitarse a través dos Servizos Sociais do Concello das Neves. Para facelo, deben chamar ao número de teléfono 986 66 71 34, e solicitar cita coa traballadora social.