O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra informa de que este martes, 9 de febreiro comeza nas farmacias da provincia– entre elas dúas das Neves situadas en rúa Marquesa do Pazo, 50 (Tfno.-986648234)  e Praza San Agustín, 4 (Tfno.-986648139),o Programa de deteción do COVID-19 en persoas asintomáticas mediante a autorecollida de mostras dunha mostra de saliva.

Entre 40 e 64 anos

Segundo o convenio asinado entre o Colexio de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade, o “Programa para a detección do virus SARS-CoV-2″ abrangue á poboación de entre 40 e 64 anos de idade e poderá estenderse a outros rangos de idade “dependendo a situación epidemiolóxica”. 

Requisitos

Será o farmacéutico/a quen indique a proba á poboación diana, que debe cumprir cos seguintes criterios:

👉 Ter tarxeta sanitaria Sergas
👉 Dispoñer dun teléfono móbil no que recibir o resultado da proba
👉 Non ter un resultado positivo por COVID-19 nos últimos 3 meses
👉 Non ser paciente paliativo ou inmobilizado
👉 Non traballar ou vivir nunha residencia para maiores ou persoas con discapacidade
👉 Non ser contacto de seguimento COVID-19
👉Non ter feito unha PCR nos últimos 15 días

Ademáis, para participar neste programa, a persona non pode presentar síntomas compatibles coa infección ocasionada pola COVID-19. Se fora así, o/a farmacéutico/a deberá derivala ao seu centro de saúde para que solicite unha PCR con mostra nasofarínxea o antes posible.