📍A Xunta vén de aprobar o levantamento da suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa ou a comunicación, segundo corresponda, a partir do vindeiro 11 de maio de 2020.

📍Para iniciar, a tramitación e en canto non estean abertas ao publico as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: ou ben chamando ao teléfono 012 ou a vía telemática desde o enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal.

📍Respecto daquelas autorizacións xa notificadas e das comunicacións xa efectuadas que foron deixadas sen efecto polo estado de alarma, é necesario solicitar unha nova autorización.

Todas as condicións poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), premendo aquí.