O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), vén de abrir dúas convocatorias de axudas:
👉 Subvencións para auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos (IN417Y).

O prazo de solicitude é entre o 20/01/2021 e o 15/10/2021. Toda a información e acceso á solicitude: https://bit.ly/392zkt8

👉 Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (IN421L).

Prazo de solicitude entre o 15/01/2021 e o 15/02/2021. Toda a información e
acceso á solicitude: https://bit.ly/3o6ePAe.