Concello das Neves

Explotación da cantina das piscinas municipais e servizo de limpeza e mantemento das instalacións

O Concello das Neves vén de publicar as condicións administrativas para a contratación do Servizo de Limpeza e Mantemento das Piscinas Municipais durante este verán de 2023. O obxecto deste contrato é a realización de traballos de limpeza e mantemento ordinario de instalacións das piscinas municipais, entre estas, atención do pequeno bar existente. Os servizos … Leer más

Subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares

O Concello pon marcha as subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares. Documentos coas normas para a solicitude e formularios a presentar 1️⃣ ACTIVIDADES CULTURAIS Bases da subvención Anuncio no BOPPO Solicitude de subvención (Formulario 1) Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2) 2️⃣ ACTIVIDADES DEPORTIVAS … Leer más

O Consello Climático Xuvenil das Neves retoma a súa actividade coincidindo coa Semana dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Comezado o novo curso escolar, reanúdanse as reunións do Consello Climático Xuvenil no IES Pazo da Mercé. Está prevista unha reunión mensual na que participan 23 alumnas e alumnos de 4 da ESO e de un/unha estudante de Bacharelato, sendo o Consello con máis participación dos catro creados en Galicia. Este xoves tivo lugar a … Leer más

Recepción no Concello a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, medallistas no pasado Campionato Europeo Júnior de Bádminton

-Lucía Rodríguez, campioa de Europa en dobres, e Basilio Porto, bronce por equipos, acaban de ser convocados pola Selección Española para o Campionato do Mundo do mes que ven O Concello das Neves, deu formalmente os parabéns, nunha recepción, a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, que veñen de acadar tres medallas no Campionato de Europa … Leer más

Reunión este domingo, no Campo Municipal Pepe Capón, cos pais e nais dos cativos das cetegorías benxamín e alevín

Este vindeiro domingo, día 28, ás 11:00h., no Campo de Fútbol Municipal ‘Pepe Capón’, aproveitando a disputa dun partido amistosos da categoría infantil, terá lugar a reunión cos pais e nais dos cativos que formarán parte das categorías benxamín e alevín do Nieves F.C. Como informáramos hai un mes, o Concello das Neves, por medio … Leer más

Lugares aos que acudirán as rapazas e rapaces admitidos nos Campamentos de Verán ‘As Neves Concilia’

Estos son as listaxes cos horarios, quendas e lugares dos Campamentos de Verán ‘As Neves Concilia’, en Cerdeira, Rubiós e San Xosé de Ribarteme, dende o 4 de xullo ao 2 de setembro. Este mesmo xoves, o Concello publicaba as listaxes de nenas e nenos admitidos, que podes atopar premendo aquí.    

Lista de admitidos no campamento de verán ‘As Neves Concilia’

Premendo aquí 👉 As Neves Concilia. lista Admitidos   pódese consultar a listaxe de nenas e nenos  admitidos nos campamentos municipais de verán ‘As Neves Concilia’, organizado polo Concello. Conciliación O proceso de inscrición estivo aberto do 1 ao 17 de xuño para uns campamentos que teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar … Leer más

Estudantes do IES Pazo da Mercé, da man de ‘Ayuda en Acción’ fan do proxecto ‘As Neves Verde Autóctono’ un referente en todo o Estado

O alumnado do Consello Climático Xuvenil do IES Pazo da Mercé das Neves desenvolveron este luns unha actividade deportiva no medio natural do río Miño . Durante a mañá recoñeceron diferentes especies autóctonas de ribeira para comprender e valorar este ecosistema e o seu papel ecolóxico, ademais de analizar a súa importancia como barreira natural … Leer más