Concello das Neves

As Neves celebra o #8M facendo visibles a mulleres invisibles

As Neves celebrou este mércores o Día Internacional da Muller, xunto coas alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, centro no que decubriron un mural deseñado por Ainara Álvarez, ex alumno dio instituto que gañou en 2021 o 1º Premio do Concurso Mulleres de Galicia, coa obra que conmemorou este #8M, realizada por Aldara … Leer más

Vide estrea a experiencia de ‘Mulleres Extramuros’ que encherá a parroquia de arte contemporánea

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, impulsada pola Deputación. A parroquia de Vide tomou o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano. A Casa da Auga foi o … Leer más

Programa de actividades de Nadal nas Neves

Este sábado, 3 de decembro, ás 6 da tarde, acéndese o alumeado de Nadal das Neves e da comezo unha programación, con distintas actividades, que durará ata o 7 de xaneiro de 2023. Neses días haberá tempo para a música, o deporte, diferentes obradoiros, lecer e, por suposto, citas imprescindibles como a Cabalgata de Reis … Leer más

As Neves celebra os días 11 e 12 a ‘XVI Festa do Tinto Rías Baixas’

A programación abrangue gastronomía, música, andainas, xogos, cultura urbana e actividades para cativos As Neves celebra dende o vindeiro martes, día 11 de outubro, a ‘XVI Festa do Tinto das Rías Baixas’ que, como nos tres últimos anos, terá o seu día central mércores 12. Se a edición de 2021 foi a da volta á … Leer más

Veciñas e veciños da Communauté Des Communes de Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

-Dende 2003 está unida co concello nevense, que mantén unha importante colonia de emigrantes, que xa teñen fillos e netos, en varios concellos desta rexión de Francia 38 veciños e veciñas da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada coas Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares. … Leer más

O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria, este venres nas Neves

Este venres, dentro do Programa da XXIX Feira do Requeixo e do Mel, estase a celebran na Casa da Auga de Vide a Xornada Técnica impartida pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria, ‘O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria’. A mesma, que foi inaugurada polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, aborda o … Leer más

Reaberto o tráfico no centro das Neves

Menos de 48 horas despois de cortar o tráfico para a montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril  e de aproveitar para realizar unha reparación na rúa, quedou reaberto ao tráfico o centro … Leer más

Todo o programa de actividades da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves

Este 2022, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos. O primeiro deles foi o pasado 29 de marzo: o  ‘Concurso de Receitas con Requeixo’, no obradoiro do centro EFA A Cancela. Mércores 6: Requeixo Miúdo  A programación continúa este mércores  6 de abril, as 12:00h. … Leer más

Melgaço acolle a presentación da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves que terá lugar o 15 e 16 de abril

As Termas de Melgaço foron o lugar elixido para presentar este venres a XXIX edición da Feira do Requeixo e do Mel, que terá lugar nas Neves o 15 e 16 de abril. O acto coincidiu coa presentación da ‘Festa do Alvarinho e do Fumeiro 2022’, que acollerá a localidade portuguesa unha semana máis tarde: … Leer más

Aberto o prazo para a solicitude de postos na ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves

O Concello das Neves fai público o anuncio do acordo sobre os trámites e prezos públicos para participar a través do uso de postos na ‘Feira do Requeixo e do Mel’.