Concello das Neves

O Concello segue adiante coas obras de mellora da pavimentación en camiños municipais

Paralelamente, e ao mesmo tempo que se realizan os obras de emerxencia, ás que o Concello destina 195.000 euros, segue adiante a mellora da pavimentación en camiños municipais que conta cun orzamento de 119.110,77 euros, procedente do ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra. Máis polo miudo, están realizándose traballos en: Sequeirós – San Cibrán de … Leer más

O Concello destina preto de 195.000 euros ás obras de emerxencia, que comezan esta semana, para reparar os danos do temporal

O Concello comezará a finais desta mesma semana as obras de emerxencia necesarias logo dos danos causados polo temporal do nadal.  As mesmas foron encargadas a dúas empresas das Neves, de xeito directo mediante un procedemento de urxencia. Inicialmente o Goberno municipal estimara un orzamento de emerxencia superior aos 100.000 euros, pero finalmente, á vista … Leer más

Aberto o prazo de presentación de ofertas para optar á concesión da cafetería do Centro Social

A Plataforma de Contratación do Sector Público, publicou as bases para a concesión administrativa de uso privativo da cafetería do Centro Social das Neves. Podes consultar aquí: Anuncio publicación Pliegos

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios. Carta ao presidente da Xunta Xusto cando se cumpre un mes desta … Leer más

Aberto o prazo para participar no concurso de carteis da ‘XXX Feira do Requeixo e Mel’

O Concello de As Neves convoca concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL”, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril de 2023. Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel da Feira, promovendo así unha das principais festas gastronómicas do municipio. As Propostas deberán ser … Leer más

Abre o prazo de inscrición para ‘DepoAventura A Lanzada’

A Deputación abriu este martes, 31 de xaneiro, o prazo para participar no programa DepoAventura A Lanzada, que se espallará entre o 25 de xuño e o 9 de setembro nas instalacións que a institución provincial ten no Grove. Así, ata o 28 de febreiro poderase solicitar algunha das 1.540 prazas ofertadas para desfrutar do completo programa de lecer que … Leer más

O Goberno municipal consegue un novo investimento de 260.000 euros para As Neves

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto de execución das obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006. Os traballos teñen un orzamento próximo aos 260.000 euros (258.394,57 €) e afectarán un tramo da vía de 480 metros, nas Neves, concretamente entre os puntos quilométricos 12+080 e 12+560, isto é, entre a rotonda … Leer más

As Neves formará parte do ‘Programa Unico-Banda Ancha’ para a instalación da fibra óptica

Óscar González, concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, asistiu a unha xuntanza coa secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a presidenta da Deputación de Pontevedra, alcaldes, alcaldesas e outros cargos municipais para coñecer os plans do Goberno do Estado para a extensión … Leer más

Axudas e subvencións para autónomos, entidades asociativas e tratamento de augas

A Xunta convoca varias axudas e subvencións, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) 1. Programa do bono das persoas autónomas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0006_gl.pdf 2. Axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0008_gl.pdf 3. Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación … Leer más

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, nas Neves

As Neves recibiu unha nova edición do programa da  Deputación de Pontevedra  “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que ten coma obxectivo concienciar desde a arte contra as violencias machistas. Hoxe presentou unha acción titulada “O lugar da fenda”, protagonizada pola ceramista Verónica Moar e a bailarina e coreógrafa Rut Balbís. A Casa da Xuventude contou … Leer más