Concello das Neves

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

O Concello segue adiante coas obras de accesibilidade, en Santiago de Ribarteme, Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa

O Goberno local segue adiante cos traballos de mellora da accesibilidade e seguridade vial, dentro do Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023, financiado polo ‘Plan Concellos 2022’ da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 118.994,86 euros. As obras, adxudicadas a Construcciones Vale S.L., teñen como finalidade facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños … Leer más

Mellora dos menús do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

A directora do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e o encargado da cociña e comedor do centro, reuníronse co representate do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, Ismael Lago, e a nutricionista da empresa ‘Nutricoles’, contratada polo proxecto de cooperación Leader, ‘Ecocomedores’, para asesoramento nutricional aos centros educativos. EcoComedores é un proxecto que … Leer más

XXX Feira do Requeixo e do Mel: este é o programa

Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todas e todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves, estivo dirixida a elas e eles. Cambiou, así, a tradicional convocatoria aos medios de comunicación para que … Leer más

O alcalde invita ao presidente Rueda a que se achegue ás zonas das Neves afectadas polo temporal de xaneiro

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, espera que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, atope tempo na durante a súa visita electoral ao noso concello para achegarse a algunha das zonas afectadas polos asolagamentos causados polos temporais do 1 de xaneiro. O rexedor lembra que 13 alcaldesas e alcaldes dos concellos do sur da provincia … Leer más

O Concello remata as obras do Mercado municipal na metade do tempo previsto

O pasado luns pechouse a zona de venta de pescado do Mercado Municipal para realizar uns traballos de mellora, que estaba previsto que durasen dúas semanas. A día de hoxe xa están rematados. Estas obras, ás que o Concello destiñou preto de 30.000 euros, eran  indispensábeis para adaptar o Mercado das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias … Leer más

Xa se poden solicitar os postos para a ‘XXX Feira do Requeixo e do Mel’

As persoas interesadas en poñer un posto na ‘XXX Feira do Requeixo e do Mel’ que se celebrará nas Neves os vindeiros días 7 e 8 de abril, xa poden solicitalos. Os trámites e condicións para os mesmos son: Realizar a solicitude do posto, incluíndo a documentación da actividade económica, e o pago do prezo … Leer más

As Neves aumenta a reciclaxe e reduce a contaminación, pasado un ano da municipalización do Servizo de Recollida de Envases de Plástico

Xa pasou un ano dende que o Concello das Neves municipalizara o Servizo de Recollida de envases de plástico (colector amarelo) e asumise directamente a xestión do mesmo, que ata daquela prestaba a empresa privada Urbaser. O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos … Leer más

Proceso selectivo de estabilización de 13 prazas de persoal laboral fixo e funcionario, no Concello das Neves

Trátase dunha convocatoria que é de quenda libre e ten coma obxectivo a mellora na prestación dos servizos públicos. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o día 25 de marzo de 2023 a convocatoria dunha Oferta de Emprego para cubrir 13 postos de traballo, de funcionario e de persoal laboral fixo, para o Concello … Leer más

As Neves acolleu a presentación do proxecto “Viña e Froita”, co que o GDR Condado Paradanta aposta por explotar a viticultura e fruticultura

A Casa da Xuventude das Neves,  ateigada de asistentes, acolleu este venres a presentación dun proxecto do GDR Condado Paradanta, que explorará a viticultura e a fruticultura como novas alternativas para as terras agrarias, a través do proxecto de cooperación LEADER “Viña e Froita”, que promove o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e o GDR … Leer más