Pilar González Casas, concelleira de Servizos Sociais, vén de remitir unha carta ás familias das nenas e nenos que disfrutan do Campamento de Verán das Neves. Na mesma, sinala que o Campamento “desenvólvese este ano en condicións moi singulares”, o cal impediu que houbese unha reunión informativa previa ao inicio da actividade.

A concelleira explica que o Campamento deste verán lévase a cabo en tres espazos naturais diferentes, e con tres grupos limitados de nenas e nenos para garantir as medidas sanitarias.

Os espazos escollidos son:
Cerdeira
Liñares e Santa Mariña
Taboexa

👉No período do 6 de xullo ao 22 de xullo: (ambos incluídos) o grupo 1 estará en Taboexa, o grupo 2 en Cerdeira e o grupo 3 en Liñares.
👉 Do 23 de xullo ao 12 de agosto: (ambos incluídos), o grupo 1 irá a Cerdeira, o grupo 2 a Liñares e o grupo 3 a Taboexa.
👉 Do 13 de agosto ao 28 de agosto: (ambos incluídos), o grupo 1 estará en Liñares, o grupo 2 en Taboexa e o grupo 3 en Cerdeira.

Tendo en conta que Cerdeira é o lugar máis afastado, as nenas e nenos poderán deixarse na escola de Cerdeira ás oito e media (previo aviso ás monitor@s – teléfono 635 76 86 55).

“Sendo esencialmente un campamento ambiental suxerímosvos que compartades vehículo para o traslado, mellorando así tamén a corresponsabilidade e o proceso de socialización”, conclúe a concelleira.