Un ano máis, nos meses de xullo e agosto desenvolverase un Campamento de Verán destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán.

As actividades desenvolveranse de luns a venres entre o 5 de xullo e o 27 de agosto de 2021, agás os días 29 de xullo e 5 de agosto, e terán lugar en instalacións municipais situadas en Cerdeira, A Estación e Vide.

🚸⏱ O horario de apertura será de 9.00 a 14:00 horas, podendo modificarse a hora de entrada (ás 08:00 h) en función das necesidades das familias, sempre que haxa un mínimo de 5 nenas/os.

Será requisito, que os ingresos da unidade familiar non superen 6,5 veces o IPREM, límite que se incrementa nun 15% máis cando se trate de familias monoparentais ou numerosas.

Terán prioridade, pola seguinte orde:
1. Persoas empadroadas no Concello de As Neves.
2. Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais.
3. Familias con informe xustificativo dos Servizos Sociais de As Neves.
4. Familias monoparentais e/ou familias numerosas.

No caso de darse a mesma puntuación entre dúas solicitudes, a praza adxudicarase por rigorosa orde de inscrición.

Establécese un prezo público de 20€ por menor e quenda. Aquelas familias que fagan uso do campamento de verán como medida de intervención, con informe técnico debidamente cumprimentado e xustificado dos Servizos Sociais, terán unha bonificación do 100%.

As familias que o acrediten, mediante o título de familia numerosa ou o certificado de acreditación de familia monoparental, obterán unha bonificación do 50%.



👉As solicitudes deberanse presentar entre o 14 e o 25 de xuño nos Servizos Sociais do Concello, de xeito presencial ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal. Para facelo
debese facilitar a solicitude de inscrición (Anexo I) cuberta xunto coa seguinte documentación:
• Ficha da/o menor participante (Anexo II).
• DNI do pai/nai/titor/a.
• DNI da/o menor ou libro de familia.
• Tarxeta Sanitaria da/o menor.
• Xustificante dos ingresos da unidade familiar do ano 2020 (mediante presentación da declaración da renda e/ou declaración xurada).
• Quen alegue necesidade por motivos laborais presentará a copia do contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar e o certificado de empresa co horario de traballo ou declaración xurada do horario de traballo (Anexo III).
• Título de familia numerosa ou certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, cando sexa de aplicación.
• Xustificante de ter realizado o abono do prezo público na conta do Concello das Neves: ES45 2080 5434 0731 1010 0021.

👉 Máis información a través do enderezo electrónico servizossociais@asneves.gal ou nos teléfonos 986 667 134 e 689 984 210.