Comunícase a tódolos veciños e veciñas do concello das Neves, que os colexios electorais de San Cibrán de Ribarteme, Setados e Santiago de Ribarteme, foron suprimidos ao non acadar o número mínimo de persoas censadas.

Logo  destes cambios, teremos 7 mesas cos votantes distribuídos da seguinte maneira:
Mesa electoral Parroquias
As Neves: As Neves – Setados
Rubiós: Rubiós
Tortoreos: Tortoreos – Liñares
Vide: Vide – San Cibrán de Ribarteme
San Xosé de Ribarteme: San Xosé de Ribarteme – Santiago de Ribarteme – Cerdeira
Sta. Eulalia de Batalláns: Sta. Eulalia de Batalláns – San Pedro de Batalláns
Taboexa: Taboexa

Nas tarxetas censais que se reciben na casa

Estes cambios poderanse ver nas tarxetas censais, que se remitirán aos seus domicilios nos próximos días, polo que se roga a tódolos veciños e veciñas que comproben os datos destas tarxetas.

Autobuses para ir a votar

Para facilitar o desprazamento aos colexios electorais, van habilitarse varias rutas de autobuses o vindeiro 12 de xullo, día da celebración das Eleccións ao Parlamento de Galicia.

As rutas serán as que se detallan a continuación:
👉Parroquia de Santiago de Ribarteme
Sairá ás 12:00 en horario de mañá e ás 17:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Escola de Santiago de Ribarteme – Cristo – Soledá – Igrexa – “Volta da Tulla” – Escola de San Xosé de Ribarteme. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

👉 Parroquia de Cerdeira
Sairá ás 11:30 en horario de mañá e ás 16:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Igrexa – Empiade – “Marquiño” – Escola de San Xosé de Ribarteme. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

👉Parroquia de San Pedro de Batalláns
Sairá ás 13:00 en horario de mañá e ás 17:30 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Guimaráns – Igrexa – Cividá – Souto – Escola de Santa Eulalia de Batalláns. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

👉Parroquia de Setados
Sairá ás 11:00 en horario de mañá e ás 17:30 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Lamela (Carboeiro) – Pedrouzón – CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves). Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

👉Parroquia de San Cibrán de Ribarteme
Sairá ás 10:00 en horario de mañá e ás 16:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Sequeirós – Igrexa – Piñeiro (Tenda de Tate) – Escola de Vide. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

Necesario o uso de mascarilla

Lémbrase a tódolos veciños e veciñas, que por mor da Covid-19 é necesario o uso de mascarilla e o mantemento da distancia de seguridade, co  bxectivo de minimizar os riscos de contaxio do virus.