Biblioteca

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

Horario (dende xaneiro de 2021):

  • Luns a venres: de 16:00 a 20:00 h.
  • Sábado:  de 10:00 a 14:00 h.

Uso como sala de estudo. Préstamo de libros.

Aforo limitado a 10 persoas non podendo formarse grupos de máis de 4 persoas.

CONTACTO:

Rúa José Gil s/n
(Baixo da  Casa do Concello)
As Neves-36440
Pontevedra

Tlf: 986 28 92 61
e-mail: biblioteca@asneves.gal

Horario dende xaneiro de 2021

SERVIZOS DA BIBLIOTECA

Todos os nosos servizos e actividades son de uso público, aberto e gratuíto.

Poderás conectarte a internet vía WiFi nas nosas instalacións.

Dispoñemos dunha zona que pode ser usada para lectura ou estudo. Na sala pódense usar libremente calquera dos materiais que forman a nosa colección.

A colección de adultos está ordenada segundo os criterios da C.D.U. (Clasificación Decimal Universal) salvo a novela (N), o teatro (T) e a poesía (P). A colección infantil, ademais de estar ordenada pola C.D.U. tamén o está por idades: de 0 a 3 anos (bebeteca), de 4 a 12 (infantil) de 12 a 14 anos (xuvenil).

Alta de usuarios

A condición de usuario serve para acceder a todos os servizos presencias e dixitais da nosa biblioteca, e do resto da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Ao darte de alta, obterás un número de usuario e un contrasinal para acceder a túa conta online e á colección dixital da Rede (GaliciaLe).

Podes darte de alta, de xeito presencial nas nosas dependencias, cubrindo un impreso. No prazo dun día terás o teu carné.

As altas das persoas menores de 14 anos deberán estar firmadas por unha persoa responsable (nai, pai, titora ou titor).

O carné de lector é gratuíto, persoal e intransferible. Todos os servizos que precisen identificación previa como persoa usuaria poderán ser usados soamente pola persoa usuaria ou adulta responsable.

Servizo de préstamo

Podes levar en préstamo un máximo de 3 exemplares por un prazo de 21 días, coa posibilidade dunha renovación, se o material non está reservado e tras 5 días de ser prestado, nunca antes.

En toda a rede de bibliotecas podes levar en préstamo un total de 20 exemplares, xa que podes levar libros en préstamo doutras bibliotecas; pero tanto a retirada como a devolución terás que facela ti na propia biblioteca.

A persoa que teña un material en préstamo faise responsable do seu coidado e integridade. No caso de incumprimento reiterado desta condición poderáselle suspender do servizo de préstamo. Ademais, está obrigada a repoñer a obra perdida ou deteriorada, ou no seu defecto, outra de similares características e prezo.

Sancións

No caso de que te pases da data de devolución, serás automaticamente sancionado. Un día de suspensión sen poder levar nada en préstamo por cada día de atraso.

Renovación

Pódese renovar de varios xeitos:

1. Presencialmente na biblioteca presentando o teu carné de socio.

2. Telefonicamente a través do teléfono da biblioteca 986 28 92 61

3. A través do correo electrónico enviado un e-mail a biblioteca@asneves.gal e indicando o número de usuario e material de queres renovar.

4. Online en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ co teu número de usuario e a contrasinal. Recorda que so poderás renovar unha vez cada exemplar e non o poderás facer ata o 5º día de préstamo.

Non se renovan exemplares cando están reservados por outros usuario/as.

Un usuario/a sancionado ou con algún libro sen devolver non pode renovar.

Si xa tes renovado unha vez tes que devolvelo á biblioteca, senón estivera reservado pódelo levar de novo.

Reserva

Se queres un libro pero está prestado, podes reservalo de distintos xeitos:

1. Presencialmente na biblioteca presentando o teu carné de socio.

2. Telefonicamente a través do teléfono da biblioteca 986 28 92 61

3. A través do correo electrónico enviado un e-mail a biblioteca@asneves.gal e indicando o número de usuario e o material de queres reservar.

4. Online en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ co teu número de usuario e a contrasinal.

Debes ter en conta que as reservas que fagas en cada biblioteca da rede, tes que recollelas persoalmente na biblioteca en cuestión, no prazo de 3 días ou serán canceladas.

Só podes reservar exemplares que estean prestados, e na nosa biblioteca só poderás reservar un máximo de tres exemplares ó mesmo tempo.

Suxestións de compra

Agradecemos que as persoas usuarias colaboredes formando unha colección máis útil para a biblioteca: si che interesa algún libro que non temos na nosa colección e que podería resultar de utilidade para comunidade, tes a opción de facer un suxestión de compra a través da túa conta: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/. Que fagas unha suxestión de compra non quere dicir que o exemplar solicitado se compre, esta debe ser avaliada segundo criterios bibliográficos e orzamentarios.

GaliciaLe

É a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a cidadanía a lectura neste formato.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de películas, revistas e libros en formato dixital de temáticas diversas (ficción, arte, informática, libros de viaxes, etc.), coa posibilidade de acceso en streaming ou descarga.

GaliciaLe engloba dous catálogos:

  • Catálogo do libro electrónico en galego

  • Catálogo do libro electrónico en castelán (eBiblio)

Os libros aquí incluídos poden lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos

Para acceder a GaliciaLe tan só é preciso que dispoñas da túa conta da biblioteca: número de persoa usuaria e contrasinal.

Máis información en http://www.galiciale.gal/ e na propia biblioteca.

NORMAS DE CONVIVENCIA

  • É necesario gardar o máximo silencio posible para crear un ambiente adecuado para a lectura.

  • Acórdate por favor de apagar totalmente o móbil antes de entrar.

  • Por razóns de hixiene e saúde non se permite comer, beber (só auga), nin fumar.

  • Os teus efectos persoais son responsabilidade túa.

  • Polo ben de todos hai que respectar o patrimonio bibliotecario: os documentos, o equipamento e instalacións, así como a súa colocación. Trátase dun ben público, que pagamos todos, coidalo.

ACTIVIDADES

Véñense realizando diferentes actividades con nenos na Biblioteca que queremos seguir realizando e ampliando a diferentes sectores e idades.

CATÁLOGO

Se estás a buscar un documento podes facelo no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ escollendo a nosa biblioteca.

O catálogo ofrece diferentes opcións de busca (simple e avanzada) e permite localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta.

Se o prefires, tamén podes consultarnos de forma presencial, por teléfono (986 28 92 61) ou por correo electrónico (biblioteca@asneves.gal)