A Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de convocar unhas axudas destinadas ao pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

A metade do importe do recibo

Con elas cóbrese o 50% do importe das facturas da electricidade da vivenda habitual, sempre e cando estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses anteriores á data da solicitude e ao 30 de novembro de 2021.

De 300 a 450 euros ao ano

A contía será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300€/ano, ou 450€/ano en caso de familias numerosas. O prazo de solicitude estará aberto dende o 23 de xaneiro do 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

Documentación

A documentación debe presentarse nas dependencias de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de As Neves. Para facelo, é imprescindible solicitar cita previa chamando ao teléfono 986 667 134 ou enviando un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal

👉 A documentación a presentar inclúe:
• Algunha factura eléctrica que acredite a condición de consumidor vulnerable severo.

• Título de familia numerosa, se procede.

👉 Enlace ao DOG no que se publica a convocatoria: https://bit.ly/3p6s8lu