O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:

✅ Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.

✅ Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

👉Requisitos das persoas

Persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, e reúnan os seguintes  requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

2. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM 2021: 564,90 €
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia  numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación.

O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia
numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

3. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da correspondente solicitude.

4. Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.

5. Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.

👉 Requisitos da vivenda

1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, (procedemento VI435A)

2. Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico, (procedemento VI400A)

3. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.

👉 Requisitos do prezo de adquisición da vivenda

1. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.

2. No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de
réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m² e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición.

Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.

👉 Tramitación

✅ As solicitudes tramitaranse de xeito preferente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A e VI400A.

✅ O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de setembro de 2021.

✅Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/