A partir das 00:00 h. deste venres 23 de abril, As Neves volve estar no nivel medio-baixo de restricións, segundo a orde da Xunta publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) Núm. 74-Bis, do mércores 21 de abril de 2021 que podes consultar en 👉 https://bit.ly/3sOMzEJ

✅ O principal cambio afecta ao aforo na hostalería que volve ser do 50% no interior e do 75% no exterior.

👁👁 Lembramos que se manteñen o ‘toque de queda’ entre as 23:00 h e as
06:00 h, e o peche perimetral da comunidade.

➡️Aquí podes consultar o detalle completo de todas as medidas: https://bit.ly/32AuaAu