A partir das 00:00h. deste sábado, día 4 de setembro, As Neves pasa ao nivel máis baixo de restricións pola COVID.

Tal e coma decidiu o Comité Científico que asesora a Xunta e se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) Núm. 169-Bis do Xoves, 2 de setembro de 2021👉 https://bit.ly/38CDyH8

O principal cambio afecta aos aforos na hostalaría: pasan a ser do 75% no interior e do 100% na terraza.

O detalle completo das normas vixentes neste nivel pode consultarse neste enlace: https://bit.ly/32AuaAu