Blog

13 Nov
0

As Neves inicia os traballos do Plan de Mobilidade Sustentable

Servirá para planificar as necesidades de mobilidade e logo optar a financiamento europeo para a súa execución

O Concello das Neves presentou hoxe a posta en marcha dos traballos para a elaboración dun plan estratéxico que busca avaliar e planificar as necesidades presentes e futuras de mobilidade para as persoas e mercadorías mediante procesos técnicos e de participación cidadá.

Este plan permite contar cun deseño completo de todo o Concello, marcando as necesidades, as prioridades e os orzamentos das distintas tarefas a desenvolver.

Unha vez rematado e aprobado este debe ser enviado a Deputación, quen financia o 75%, para o seu visto bo e aprobación definitiva.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, indica que o dispor desta ferramenta vai ser un condicionante para optar a subvencións europeas, co que As Neves ao dispor dela estará en mellor disposición que outros lugares para ser receptora desas axudas.

Ler Máis
12 Nov
0

Andaina Micolóxica

O vindeiro domingo 18 ACD Sanomedio organiza unha andaina micolóxica con saída as 9:30 diante da praza do Concello.

Ler Máis
07 Nov
0

As Neves continúa co asfaltado de camiños

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, agora en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan.

A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Aquí reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.

Nese mesmo tempo tamén se actou no paso ao barrio de Portela en San Xosé de Ribarteme onde entre o regato, o tempo e vehículos pesados se danou a ponte. Reparánronse canalizacións, muros e asfalto. Tamén en Caneiro en Taboexa foi preciso reparar un muro onde o regato e repoñer asfalto.

Meses maís tarde a actuación foi en Miranciños en Vide e en Costa en Setados. No primeiro conectando o barrio co de Viñas através da adecuación dun camiño xa existente. O segundo asfaltando de novo o camiño que conecta parte do barrio coa PO400.

Agora os traballos centránse en tres puntos. Nas Neves nos barrios de Garavisco e Aldea, asfaltando os tramos que conectan coa estrada provincial EP4204 Estación-As Neves. En Tortoreos no barrio da Chan actuando nun tramo que comeza na PO415 e que nos pode levar a Pedroso ou Redondelo. Tamén en Carrasqueira en Taboexa se repararán dous tramos moi próximos a autovía A52 que dan acceso entre outros ao campo de fútbol e ao circuíto de motocross.

Os vindeiros proxectos permitirán actuar en lugares como Calvario, Casal e na pista de San Pedro a Pousadouro

Momento das obras do paso no regato do “Covelo” en Santa Olaia de Batalláns

Traballos na zona de motocross en Taboexa

Pista rematada en Costa – Setados

Ler Máis
03 Nov
0

O Concello das Neves adquire un camión grúa

O novo vehículo está equipado con caixa aberta, basculante e grúa

A está nova adquisición do camión grúa financiase mediante o plan Revitaliza, plan de compostaxe que se está a implantar nas Neves coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O vehículo da marca Isuzu foi o que resultou gañador do proceso aberto do contratación no que participaron ata 5 cinco empresas. Algunhas das características do camión son 1.80m de ancho, 5.5 tn de mma, 140cv, grúa con gancho, pinzas e cazos, basculante, gancho para remolque e suplementos de baldera para gañar altura na carga.

Este camión é moi versátil polo seu tamaño e ideal para o servizo que se precisa para a compostaxe como é a carga, transporte de restos de poda e o movemento de estruturante. Pero amáis servirá para moitas outras funcións dentro dos servizos públicos que presta o Concello, quén non dispuña deste tipo vehículo.

Ler Máis
30 Out
0

Convocatoria para a selección de mestras e mestres composteiros con destino nos concellos da provincia adheridos ao Plan Revitaliza

O Concello das Neves solicita participar na convocatoria para asumir a contratación dun/dunha mestre composteiro/ propio.

Toda a información en:

https://www.depo.gal/interinidades/diverso-persoal-revitaliza

Listado de persoas definitivas por concellos:

Adxudicación destinos Concellos nomeamentos interinos mestres-as composteiros

Ler Máis
30 Out
0

Obradoiro de emprego Coidar de nós

O Concellos de Ponteareas e As Neves inician o desenvolvemento dun novo obradoiro de emprego. Neste caso abrangue as modalidades de atención sociosanitaria e xardinería.

 

A seguir inclúense documentos relacionados co obradoiro e cos procesos de selección:

ACTA GRUPO MIXTO DE CONCELLOS

BASES-BAREMO EQUIPO TECNICO

BASES-BAREMO ALUMNADO TRABALLADOR

Listaxe de baremación de alumnado.

Convocatoria a entrevista de alumnado

Listaxe provisional con puntuación de persoal directivo, docente e administrativo.

Data para alegacións dos postos directivListaxe de alumnado titular e suplente

Listaxe de alumnado titular e suplente

Listaxe persoal directivo, docente e administrativo.

Convocatoria entrevista persoal directivo, docento e administrativo

Listaxe definitiva de persoal directivo, docente e administrativo coas puntuacións

Ler Máis
30 Out
0

ARREPIÓNS

Empresa pioneira do Turismo Activo en Galicia dende 1990. Profesionais que comparten a súa paixón polos ríos cos seus clientes.

Actividades:

– Rafting

– Kayak

– Hidrospeed

– Barranquismo

– Senderismo

– Orientación

Período de apertura: Todo o ano.

Horario: de luns a domingo de 10:30h a 14:30h e de 16:00h a 20:30h (Reserva previa).

CONTACTO:

Dirección: A Chan, 36 (Barcela, Arbo)

Tlf: 986 603 009 / 608 98 48 50 / 649 00 36 65

Web: www.arrepions.com

 @arrepions.galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler Máis
30 Out
0

PARALELO ZERO AVENTURA E OUTDOOR

Empresa formada por especialistas en Turismo Activo, centrados en organizar o evento, aventura ou xornada que o participante precise. Actividades organizadas segundo necesidades especiais.

Actividades:

– Kayak

– Canoa

– Rafting

– Senderismo

– BTT

– Ski / Snowboard

– Cursos de seguridade

Período de apertura: Todo o ano.

Horario: de luns a domingo de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.

CONTACTO:

Dirección: Polígono Industrial Chan da Ponte. Nave 8 (Salvaterra de Miño).

Tlf: 647961585

Web: www.paralelozero.net

 Paralelo Zero Aventura y Outdoor

 

Ler Máis
29 Out
0

As Neves ven de mellorar as súas instalacións deportivas

Realizaronse traballos nos equipamentos deportivos de maior uso

Nos últimos días o Concello das Neves sustituíu o alumeado do pavillón municipal e mellorou o céspede artificial do campo de fútbol municipal Pepe Capón con aportación de caucho.

No pavillón municipal as obras consistiron na sustitución e instalación de 24 novos proxectores ou focos de luz led de 141W protexidos con proteccións antigolpeos, que melloran a calidade da iluminación e van conseguir un importante aforro enerxético e a seguir económico. Este pavillón é sobre todo usado polo Clube Badmintón As Neves que conta con xogadoras como Lucía Rodríguez que compite a nivel internacional e tamén polo Fútbol Sala As Neves que compite en categoría autonómica sur.

En canto ao campo de fútbol municipal, Pepe Capón, sede do Neves FC e da Escola de Fútbol, o Concello adquiriu 3600 quilos de caucho que foi estendido coa colaboración da Deputación de Pontevedra. E xunto a isto tamén se están facendo pequenos traballos de albañilería.

Oscar González, Concelleiro de Deportes, indica que esta labor específica de mantemento é precisa para conseguir minimizar riscos de lesións e alongar a vida do céspede ata que se poida renovar. Cuestión que non debe demorar moito tempo, xa que este ten 12 anos e sufriu moito co lume do ano 2017.

Ler Máis
25 Out
0

Inicio dos traballos de escavación arqueolóxica dos Petróglifos da Coutada

O Concello das Neves a través dun convenio financiado pola Consellería de Cultura inicia os traballos de escavación arqueolóxica dos Petróglifos da Coutada en Taboexa.

Estes traballos que tamén están acordados coa Comunidade de Montes derivan nun proxecto de sinalización e musealización da zona.

Eduardo Méndez Quintas é o arqueólogo director da escavación, un dos expertos máis recoñecidos na materia.

Ler Máis