Blog

04 Mar
0

BTT do Requesón “Os 66 do Requesón” e andaina

O vindeiro domingo 24 de marzo celébrase nas Neves a tradicional BTT do Requesón, este ano nomeada “Os 66 do Requesón”.

Como cada ano está proba é organizada por ACD Sanomedio que conta tamén con andaina ao tempo  e colabora o Concello das Neves.

Empeza a actividade da Feira do Requeixo e Mel 2019 nas Neves cunha nova Ruta BTT e outra de Sendeirismo

O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello, organizan, coma parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves os días 19 e 20 de abril, a VIII ruta BTT “Los 66 del Requesón”, e unha nova Ruta de Sendeirismo polos montes da vila.

Ruta BTT

A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 quilómetros e outro curto de 33. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición entrando en  http://www.acdsanomedio.com.

A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de  Rubiós. O prezo xeral é de 10€.

Sendeirismo

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 8 quilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.

Será obrigatorio a inscrición previa entrando en http://www.acdsanomedio.com/ruta-sendeirismo-do-requeson-2/ ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organización@acdsanomedio.com. O prezo é de 5€.

Ler Máis
03 Mar
0

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

O Goberno local das Neves lembra que as accións aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños.

Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local, acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

Ademais, estableceu unha bonificación no seu grao máximo-o 95%- para as obras de reparación, rehabilitación e reconstrución, ou nova construción, sempre que veña imposta por imperativo legal, das edificacións xa existentes no termo municipal, que foran afectadas polo lume.

“Esta bonificación ten efectos retroactivos para tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas dende o 15 de outubro de 2017”, e estendeu os seus efectos a tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas para esta finalidade, ata o 31 de decembro de 2018.

Estas medidas supuxeron, subliña o alcalde, que “dende os lumes e ata finais do ano pasado as veciñas e veciños das Neves tivesen unha rebaixa de impostos de 62.612,43€”.

Ler Máis
28 Feb
0

As Neves adquire elementos complementarios para o funcionamento do plan Revitaliza

O Concello dass Neves ven de  adquirir elementos complementarios para o funcionamento do plan Revitaliza que reforzan a compra doutros e as obras xa feitas.

Estes elementos poden ser os caixóns para o estruturante dos centros de compostaxe, o material para a construcción dos puntos verdes, os sacos big-bag para o estruturante, cubos de 7 litros para cada vivenda, microtrituradoras e xeradores para traballos puntuais, contedores de recollida selectiva e incluso uns carros para recollida de cartón.

 

Ler Máis
26 Feb
0

Bases Reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras do Concello das Neves

O Concello das Neves pon marcha e publica o Programa de Vivendas Baleiras.

A seguir publícanse as bases e anexos do programa

Bases Reguladores do Programa de Vivendas Baleiras no Concello das Neves

ANEXO 1:

ANEXO I Solicitude Incorporacion vivendas Programa Vivendas Baleiras

ANEXO-I-Solicitude-Incorporacion-vivendas-Programa-Vivendas-Baleiras_pdf

ANEXO 2:

ANEXO II- Xeral. Inscrición rexistro demandantes Programa Vivendas Baleiras

ANEXO II- Xeral. Inscrición rexistro demandantes Programa Vivendas Baleiras_pdf

ANEXO 3:

ANEXO III-Contrato arrendamento Programa de Vivendas Baleiras

ANEXO III-Contrato arrendamento Programa de Vivendas Baleiras_pdf

Ler Máis
21 Feb
0

As Neves reclama un cruce seguro para Setados e non prohibicións

O alcalde das Neves non pode deixar de amosar o seu asombro logo de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade colocase, sen dar aviso, un sinal que prohíbe o xiro no cruce da PO-400 co camiño que leva a Laxes, a A Igrexa e a maior parte da parroquia de Setados.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez lembra que hai tres anos que plantexa á Xunta de Galicia a necesidade de que neste cruzamento se sitúe unha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’, dado o perigo do mesmo para vehículos e peóns.

“Esta posibilidade foi desbotada polo Goberno de Galicia co argumento de que a obra non era prioritaria porque o cruce non era perigoso”, sinala o alcalde. “Agora as veciñas e veciños de Setados atópanse cun sinal que prohíbe o xiro, sinal que foi colocado logo de que un informe da Garda Civil de Tráfico concluíse que esta intersección é, efectivamente, perigosa”.

Rodríguez Méndez lamenta que nos pasados tres anos dende a Xunta non se fixese caso algún nin se considerase o proxecto presentado polo Concello das Neves para regular o tráfico neste lugar.

Tamén denuncia que nestes tres anos a Xunta permitise que se mantivera unha situación de perigo, “sen tomar medida algunha, mesmo negando que fose necesaria ou que existise unha situación de perigosidade”.

Do mesmo xeito, o alcalde subliña que agora as veciñas e veciños de Setados teñen que recorrer preto de 2 quilómetros para dar a volta e poder entrar por ese cruce, cando esa incomodidade podería ter estado arranxada hai anos.

Xosé Manuel Rodríguez sinala o nulo interese da Xunta en solucionar este problema e coma exemplo delo invita a botar unha ollada á hemeroteca. O 11 de xaneiro de 2012-hai xa 7 anos- o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprometeuse á construción dunha ‘glorieta’, cun orzamento de  200.000€ no punto quilómetrico 10 da PO-400, dacordo co proxecto que estaba a elaborar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Naquelas datas, o representante da Xunta afirmaba que esa ‘glorieta’ resultaba totalmente necesaria para “solventar as complicacións da acceso a esta estrada e mellorar a seguridade desta vía”. Engadía que con esa obra se daría servizo a 200 residentes no núcleo de Setados e concluía afirmando que solicitaría ao Goberno galego que “axilice”a realización dese proxecto.

****

As xestións realizadas nas pasadas datas polo alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, veñen de dar os seus primeiros resultados: a Consellería de Infraestruturas finalmente, actuará nos vindeiros días no cruce da PO-400 co camiño que leva a Laxes a A Igrexa e outros na parroquia de Setados.

Tal e coma se comprometeron representantes da mesma co alcalde, durante unha visita feita ‘in situ’ ao lugar onde hai uns días colocouse un sinal que prohíbe o xiro neste cruzamento, a Consellería establecerá un sistema “provisorio” que permitirá realizar ese xiro con seguridade e evitando que as veciñas e veciños de Setados teñan que percorrer preto de 2 quilómetros para dar a volta e poder entrar por ese cruce.

Rodríguez Méndez agarda que esta medida sexa, “efectivamente” temporal e que en poucas semanas sexa posible que neste cruzamento se sitúe unha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’, tal e coma se ven reclamando dende o Concello nos pasados tres anos á vista do perigo que había para vehículos e peóns.

 

Ler Máis
18 Feb
0

Dia de Rosalía

O Concello das Neves organiza a celebaración do día de Rosalía o vindeiro domingo 24 de febreiro cun concerto no mercado municipal.

Ler Máis
18 Feb
0

Entroido 2019 nas Neves

O Concello das Neves pon en marcha  o Entroido por cuarto ano consecutivo.

A celebración comezará o venres día 1 de marzo a partir das 21hs co Venres de Comadras que organiza a Asociación Cultural As Neves Group.

Xa o sábado día 2 dende as 18hs desenvolveráse o desfile de comparsas dende a rotonda do Montesol ata a Praza Maior, onde haberá música, obradoiros, coplas, premios e a afamada Queima da Velutina.

Os entroidos individuais e as comparsas terán dereito a premios según a bases que se publican a continuación:

Bases entroido 2019

Bases entroido 2019 correccion de erros

Ler Máis
15 Feb
0

O Goberno local das Neves conquire que, finalmente, a Xunta de Galicia licite as obras da nova escola infantil

O Goberno local das Neves vén de acadar que, por fin, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aprobe a licitación da Escola Infantil. O propio xerente do Consorcio,  Perfecto Rodríguez, chamou ao alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, para darlle a nova.
A ‘gardería’ bota a andar, indica o alcalde, logo de que o Goberno local asinase un convenio, hai máis dun ano, co Consorcio para impulsar a construción da mesma.
Dito convenio establecía que o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, “como así fixemos”; poñer a dispor un inmoble municipal, “que será a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé ” e, por último, achegar unha porcentaxe do custo total das obras, que será duns 300.000€, “o cal tamén completamos destinando ás mesmas 75.000€ dos orzamentos municipais”, explica Xosé Manuel Rodríguez.
Finalmente a Escola, “unha demanda e unha necesidade que temos en As Neves”, vai ser unha realidade. O alcalde agradece e recoñece “o esforzo e a paciencia dos membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP e dos futuros usuarios deste centro” e amosa a súa ledicia porque este proxecto “no que levamos traballando tanto tempo, vaia a ser unha realidade”.

Ler Máis
14 Feb
0

As Neves vai completar a sinalización dos barrios e parroquias

O Concello das Neves iniciará nos vindeiros días a segunda fase de instalación de sinais informativas nos barrios e parroquias. “Colocaranse 150 sinais no resto das parroquias que estaban pendentes”, sinala o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Con esta iniciativa, “o territorio municipal estará totalmente sinalizado con arredor de 285 sinais”, un traballo que estará rematado en apenas dous anos logo dun investimento total de 83.000€.

O alcalde lembra que este proxecto foi “principal” na xestión do Goberno local, pero “tamén unha das demandas máis estendida entre a veciñanza, nas xuntanzas do Concello Escita, que volve, de novo, ás parroquias”. “Con este proxecto logramos mellorar as comunicacións por estrada, por en valor a nosa toponimia e tamén xerar orgullo de ser de cada barrio ou lugar no conxunto das Neves”.

Ler Máis
12 Feb
0

O Goberno local das Neves vén de dirixirse á Xunta de Galicia coa finalidade de que asuma as súas competencias e actúe contra o avance da vespa asiática neste concello

O Goberno local das Neves vén de dirixirse á Xunta de Galicia coa finalidade de que asuma as súas competencias e actúe contra o avance da vespa asiática neste concello

A inicio de 2016, lembra o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “dende o Concello solicitamos poder contribuir cunha colaboración voluntaria na eliminación desta praga. En agosto de 2016 a Xunta de Galicia aportou a este fin algún material” para poder levar adiante algunhas accións.

O Concello, cun grupo de voluntariado ambiental, estivo desactivando niños e “chegamos a eliminar preto de 200 no ano 2017”, engade o alcalde, pero a Xunta, “que ten as competencias exclusivas nesta materia, non interviu activamente no noso territorio, e a xestión que realizou nesta matéria careceu de calquera tipo de avance, nin na investigación nin na actuación directa na eliminación física dos enxames”.

Esta ausencia de traballo efectivo da Xunta, constata o Concello, produce un efecto pernicioso e inxusto na nosa sociedade e desmobiliza a toda aquela xente que se compromete voluntariamente no ataque á praga.

Do mesmo xeito, converte ao Concello, e a este grupo de acción medioambiental, nos aparentes responsables de resolver todas e cada unha das denuncias e reclamacións por avistamentos e detección de niños de vespa velutina, cando “na realidade, non se lle ten transferido nin a competencia, nin os medios económicos, materiais e de persoal imprescindibles para abordar con éxito a resolución do grave problema a que nos enfrontamos”.

Por todo isto,o Concello das Neves ten adoptado a decisión de comunicar e esixir a Xunta de Galicia que realice, de acordo coa sua obriga competencial, e cos seus propios medios económicos humanos e materiais, a xestión da eliminación da praga da vespa velutina. Por tanto, dende este momento calquera sospeita de presenza de vespa velutina debe ser comunicada a Xunta de Galicia a través do 112.

Ler Máis