Blog

Venres 9 as 20h no Auditorio Municipal charla informativa sobre as axudas do GDR Condado-Paradanta
Axudas por fillas e fillos menores de 3 anos
Prazo para presentar solicitudes ata o 21 de marzo
Presentar para novas solicitudes
– Copia do libro de familia ou certificación de nacemento
– Certificación de conta bancaria
– Copia de sentencia de separación, divorcio.. se fora o caso, ou copia do auto ou resolución xudicial se houbera adopción ou tutela
Toda a información nas oficinas de Servizos Sociais, no 986667134 ou en servizossociais@asneves.gal
Axudas por fillas e fillos menores de 3 anos

Mércores 7 de febreiro as 12h no IES Pazo da Mercé.
Acción poética “Cofre de maquillaxe” de Olalla Cociña, contra as violencias machistas!


O Concello das Neves organiza as actividades do Entroido 2018 o sábado 10 de febreiro.
O desfile de comparsas e carrozas iniciarase as 18:00 dende a rotonda do antigo Montesol ata a Praza Maior onde a partir das 18:30 haberá festa con música, coplas, a queima da velutina e tamén chocolate.
Publicamos as bases do concurso de carrozas ou comparsas:
En paralelo a Asociación As Neves Group organiza un ano máis o Venres de Comadres, o día 9 dende as 21:00.

O Concello das Neves publica as bases reguladoras para o Concurso-Desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2018.
O desfile de carrozas será o sábado 10 de febreiro de 2018.
O horario de saída será as 18:00 hs. Saírase a partir da rotonda do antigo Montesol e o desfile percorrerá as rúas Entrecíns e Marquesa do Pazo para finalizar na Praza Maior.

O goberno local promove a exención da taxa de construcción e do IBI en 2018 para as familias que perderon as súas vivendas en outubro

O Concello das Neves organiza o sábado 27 unha xornada para analizar experiencias produtivas de usos alternativos para o monte.
Distintas alternativas de usos produtivos para o monte serán presentadas no Auditorio das Neves o vindeiro sábado 27 de Xaneiro. O Concello organiza estas xornadas como unha nova iniciativa para para dar resposta aos danos causados polo lume do pasado 15 de outubro. Baixo o lema Repensar o Monte, distintos expertos expoñerán as súas experiencias en apicultura, micoloxía, froitos do bosque, cerdeiras e castiñeiros para madeira, entre outras. O evento abrirase ás 10 da mañá coa intervención do Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez, e unha conferencia de Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.
As xornadas rematarán coa actuación solidaria da Banda de Gaitas Xarabal que percorrerá as rúas da localidade o sábado 27 desde as 13h.
As experiencias serán presentadas ás 11:15 nunha mesa redonda moderada pola enxeñeira forestal Alexandra González na que participarán Hifas da Terra, CERNA (Enxeñaría e Asesoría Medioambiental), as Comunidades de montes de Couso (Gondomar) e Covelo Abella Lupa, Miguel Fernández de Salvaterra, e Quin Álvarez Martínez. agricultor da zona do Rosal. As Comunidades de Montes das Neves participarán tamén no coloquio posterior.
O público contará coa presenza de participantes no Encontro solidario organizado esa fin de semana en As Neves pola Asociación Galega de Autocaravanas, que serán recibidos o venres 26 as 20:30h no Auditorio polas voluntarias e voluntarios, neste acto proxectarase tamén o video #AsNevesZonaCero de Adrián González e Diaño Filmes. A entrada é pública.
Os caravanistas protagonizarán o domingo 28 ás 11 o acto simbólico de inicio do proxecto de educación e recuperación medioambiental Sementando vida, repoñendo as árbores queimadas na circunvalación das Neves.

Rematouse a primeira fase do arranxo da escola de Cerdeira. Un tellado novo para evitar humidades e dotar de seguridade ao exterior.
Na segunda fase as obras inclúen melloras no interior para que a parroquia teña un lugar onde reunirse e disfrutar da vida en común.