Blog

11 Ago
0

As Neves segue coa prevención de incendios

O Goberno municipal das Neves segue adiante coa posta en marcha do convenio asinado coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para a limpeza das franxas de protección nos núcleos das parroquias de Liñares, Tortoreos e As Neves.

Durante o final do mes de xullo o Concello enviou cartas informativas aos propietarios da parcelas afectadas e a pasada semana realizáronse reunións nas tres parroquias as que acudiron preto de 300 persoas.

Os propietarios das parcelas na franxa de 50 metros arredor das zonas edificadas ou edificables, teñen o deber de limpar as mesmas de maleza e de especies arbóreas prohibidas, como a acacia, o piñeiro e o eucalipto e, dacordo co convenio, SEAGA realizaría ese traballo de roce a un “prezo moi reducido”, sinala o segundo tenente de alcalde, Óscar González.

Para facelo posible, os propietarios interesados asinarían un contrato de 3 anos con SEAGA que, dende ese momento, faríase responsable do mantemento da parcela.

Algúns propietarios xa asinaron os contratos nas reunións mantidas os días pasados e aqueles que non o fixeron aínda, sinala Óscar González, “poden facelo en calquera momento co contrato que recibiron nas cartas e entregando o mesmo no Concello”.

Para resolver dúbidas particulares sobre temas como as parcelas afectadas, posibles erros de catastro ou calquera outra, estableceuse unha atención personalizada co persoal de SEAGA  a través de cita previa, que se pode solicitar chamando ao teléfono do Concello (986648038).

Tamén é posible consultar os mapas das parcelas afectadas na entrada do propio Concello ou premendo aquí :

Plano da zona das Neves Norte

Plano da zona das Neves Sur

Plano Xeral das Neves

*O número que aparece sobre cada parcela nos mapas norte e sur serve para poder identificar con Seaga a parcela no caso de que non se dispoña da referencia catastral.

Ler Máis
11 Ago
0

É importante manter as medidas de protección contra o coronavirus

Ler Máis
10 Ago
0

O Concello acomete a mellora da ‘área de lecer’ da escola unitaria de San Cibrán de Ribarteme

O Concello das Neves vén de dar comezo as obras de mellora da área de lecer no terreo que rodea a antiga escola unitaria  de San Cibrán de Ribarteme’. As mesmas contan cun orzamento de 26.598,25€, financiado con cargo ao remanente municipal de 2019.



Os traballos abranguen o acondicionamento do talude posterior, a colocación de distintos elementos, entre eles unha ‘casa de xogo’ para as rapazas e rapaces de 3 a 14 anos de idade; un ‘túnel’, tamén para o entretemento das pequenas e pequenos e unha pista polideportiva con porterías de fútbol 7 e balonmán.




Ler Máis
07 Ago
0

O ‘Campamento de Verán’ das Neves segue adiante

Seguen adiante as actividades do ‘Campamento de Verán 2020’ organizado polo Concello, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados nas Neves.

Este ano, as actividades desenvolveranse ao aire libre e en grupos reducidos de 10 nenas e nenos a cargo de dúas persoas.

Os espazos seleccionados, todos cheos de moitas potencialidades polos seus recursos naturais e patrimoniais, son: a parroquia de Cerdeira, a área recreativa de Santa Mariña e a contorna dos montes da Coutada en Taboexa.

Ler Máis
07 Ago
0

O Concello informa

Ler Máis
05 Ago
0

Rematan as actividades do proxecto ‘Compartir e vivir’ e as do ‘Obradoiro de Alfabetización Funcional’

A semana pasada remataron as actividades dos grupos sociocomunitarios do proxecto ‘Compartir e vivir’, nas parroquias de Liñares, Setados, San Cibrán e As Neves.

Neste mes de agosto, o grupo de Setados seguirá cunhas clases de exercicios saudables para maiores.

Tamén rematou o ‘Obradoiro de Alfabetización Funcional’ e dende o Concello agárdase pola resolución do financiamento para continuar a finais de ano. Ademáis, estúdase un plan de actividades que poidan organizarse a partir de setembro.

Ler Máis
05 Ago
0

O Goberno local reitera á Xunta a necesidade da retirada da torre de alta tensión e a mellora do acceso sur ás Neves

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, vén de manter distintos contactos co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar dous temas: a retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil, e a mellora do acceso As Neves pola parte sur.

Torre de alta tensión

No que se refire á retirada da torre de alta tensión, é unha demanda altamente agardada polo Goberno municipal, que é xa unha necesidade irrenunciabel nunha zona na que están o pavillón municipal de deportes e dous centros de ensino. A mesma está situada no medio da aparcadoiro moi transitado durante o curso escolar que o Concello quere reformar para facilitar a entrada e saída dos estudantes, tanto dos que se desprazan en bus como dos que o fan nos vehículos familiares. A demolición da torre depende xa da resolución de problemas burocráticos, que deben solucionar a Xunta de Galicia e Naturgy- a antiga Fenosa-.

Acceso sur ás Neves

O alcalde tamén plantexou ao xefe provincial, a necesidade e mellora do acceso ás Neves pola parte sur, na rotonda de Setados. Xosé Manuel Rodríguez Méndez, subliñou que esta reforma é ainda máis “urxente”, logo dos cambios ao redor da Plataforma Loxística (PLISAN), co fluxo de tráfico desviado pola estrada PO-400, da cal é titular a Xunta.

O rexedor obtivo o compromiso do xefe de servizo de levar a cabo os correspondentes estudos económicos para a devandita reforma e presentar os mesmos á Consellería de Infraestrururas e Mobilidade de cara á adecuación dos accesos reforzando a súa seguridade.

Ler Máis
04 Ago
0

Servizo gratuíto para resolver calquera incidencia na recepción do sinal e das imaxes da TDT

Como informou o Concello, para completar o proceso de liberación do segundo dividendo dixital, leváronse a cabo nas Neves unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de cobertura do sinal de TDT.

Este proceso cumpre un mandato europeo polo cal a banda de 700 megahercios (MH) debe estar plenamente dispoñible para despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.

As actuacións realizaranse no centro de TDT das Neves, en San Nomedio, centro presta o servizo de difusión da TDT para parte da poboación do concello.

Aínda que estes traballos non tiñan que afectar á calidade da recepción do sinal televisivo -chegando con volver a sintonizar as canles- en algún caso é posible que causase algún problema.

Se foi así, ata o vindeiro día 31 de agosto, as veciñas e veciños que poidesen  ter algunha incidencia na recepción da imaxe ou dificultades na sintonización, teñen á súa disposición un servizo de balde chamando ao teléfono 900 833 999.

Ler Máis
03 Ago
0

Acabas de chegar a túa casa das Neves de vacacións? pide o teu composteiro individual

Acabas de chegar á túa casa nas Neves de vacacións? Aínda non tes o teu composteiro individual? Chama ó 676 68 67 52 de luns a venres de 9:00 a 14:00 e solicitao totalmente de balde!



Ademáis, chamando ao mesmo número de teléfono, no mesmo horario, podes solicitar, totalmente de balde, compost producido nos composteiros comunitarios do Concello. É ideal para fertilizar a túa horta e as túas plantas!

Ler Máis
01 Ago
0

Dende este sábado está aberta, de novo, a Casa da Xuventude

Dende este sábado, 1 de agosto, está aberta, de novo, a Casa da Xuventude, con acceso controlado e medidas de seguridade fronte á Covid-19.

Ademais da limpeza de cada espazo, hai xel hidroalcólico na entrada, para a desinfección de mans, e máscaras cirúrxicas a disposición das usuarias e usuarios.

👉O horario de apertura será de 18:00 a 22:00h. de martes a domingo.

Ler Máis