Blog

03 Nov
0

O Concello das Neves adquire un camión grúa

O novo vehículo está equipado con caixa aberta, basculante e grúa

A está nova adquisición do camión grúa financiase mediante o plan Revitaliza, plan de compostaxe que se está a implantar nas Neves coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O vehículo da marca Isuzu foi o que resultou gañador do proceso aberto do contratación no que participaron ata 5 cinco empresas. Algunhas das características do camión son 1.80m de ancho, 5.5 tn de mma, 140cv, grúa con gancho, pinzas e cazos, basculante, gancho para remolque e suplementos de baldera para gañar altura na carga.

Este camión é moi versátil polo seu tamaño e ideal para o servizo que se precisa para a compostaxe como é a carga, transporte de restos de poda e o movemento de estruturante. Pero amáis servirá para moitas outras funcións dentro dos servizos públicos que presta o Concello, quén non dispuña deste tipo vehículo.

Ler Máis
30 Out
0

Convocatoria para a selección de mestras e mestres composteiros con destino nos concellos da provincia adheridos ao Plan Revitaliza

O Concello das Neves solicita participar na convocatoria para asumir a contratación dun/dunha mestre composteiro/ propio.

Toda a información en:

https://www.depo.gal/interinidades/diverso-persoal-revitaliza

Listado de persoas definitivas por concellos:

Adxudicación destinos Concellos nomeamentos interinos mestres-as composteiros

Ler Máis
30 Out
0

Obradoiro de emprego Coidar de nós

O Concellos de Ponteareas e As Neves inician o desenvolvemento dun novo obradoiro de emprego. Neste caso abrangue as modalidades de atención sociosanitaria e xardinería.

 

A seguir inclúense documentos relacionados co obradoiro e cos procesos de selección:

ACTA GRUPO MIXTO DE CONCELLOS

BASES-BAREMO EQUIPO TECNICO

BASES-BAREMO ALUMNADO TRABALLADOR

Listaxe de baremación de alumnado.

Convocatoria a entrevista de alumnado

Listaxe provisional con puntuación de persoal directivo, docente e administrativo.

Data para alegacións dos postos directivListaxe de alumnado titular e suplente

Listaxe de alumnado titular e suplente

Listaxe persoal directivo, docente e administrativo.

Convocatoria entrevista persoal directivo, docento e administrativo

Listaxe definitiva de persoal directivo, docente e administrativo coas puntuacións

Ler Máis
29 Out
0

As Neves ven de mellorar as súas instalacións deportivas

Realizaronse traballos nos equipamentos deportivos de maior uso

Nos últimos días o Concello das Neves sustituíu o alumeado do pavillón municipal e mellorou o céspede artificial do campo de fútbol municipal Pepe Capón con aportación de caucho.

No pavillón municipal as obras consistiron na sustitución e instalación de 24 novos proxectores ou focos de luz led de 141W protexidos con proteccións antigolpeos, que melloran a calidade da iluminación e van conseguir un importante aforro enerxético e a seguir económico. Este pavillón é sobre todo usado polo Clube Badmintón As Neves que conta con xogadoras como Lucía Rodríguez que compite a nivel internacional e tamén polo Fútbol Sala As Neves que compite en categoría autonómica sur.

En canto ao campo de fútbol municipal, Pepe Capón, sede do Neves FC e da Escola de Fútbol, o Concello adquiriu 3600 quilos de caucho que foi estendido coa colaboración da Deputación de Pontevedra. E xunto a isto tamén se están facendo pequenos traballos de albañilería.

Oscar González, Concelleiro de Deportes, indica que esta labor específica de mantemento é precisa para conseguir minimizar riscos de lesións e alongar a vida do céspede ata que se poida renovar. Cuestión que non debe demorar moito tempo, xa que este ten 12 anos e sufriu moito co lume do ano 2017.

Ler Máis
25 Out
0

Inicio dos traballos de escavación arqueolóxica dos Petróglifos da Coutada

O Concello das Neves a través dun convenio financiado pola Consellería de Cultura inicia os traballos de escavación arqueolóxica dos Petróglifos da Coutada en Taboexa.

Estes traballos que tamén están acordados coa Comunidade de Montes derivan nun proxecto de sinalización e musealización da zona.

Eduardo Méndez Quintas é o arqueólogo director da escavación, un dos expertos máis recoñecidos na materia.

Ler Máis
24 Out
0

Primeira entrega de composteiros do Plan Revitaliza nas Neves

En San Pedro de Batalláns case o 70% das vivendas reciben os seus composteiros individuais gratuítos. Grande afluencia tamén en Santa Olaia de Batalláns

O luns 15 de outubro o Concello das Neves convocou a reunión na escola as 19 horas a toda a veciñanza de San Pedro para unha reunión informativa e na que se entregarían composteiros para cada vivenda.

Nesta reunión estivo presente o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, o Concelleiro de Medio Ambiente, Oscar González, técnicos do Plan Revitaliza e membros da Asociación Ecoloxista Adega que explicaron a implantación e as vantaxes da compostaxe e resolveron dúbidas das persoas asistentes. A afluencia foi masiva ata chegar a entregar case o 70% dos composteiros previstos para a parroquia.

Os composteiros, que se entregarán a tódalas vivendas do Concello das Neves, servirán para a mellora ecolóxica do ambiente ao reducir as emisión de CO2, para a mellora financieira podendo reducir os costes na xestión do lixo nun 50% que permitirían destinar o aforro a outras necesidades e non ter que aplicar subas na taxa do lixo. Por último, tamén para cumprir coa nova legalidade europea i española que obriga a xestionar separadamente alomenos a metade dos bioresiduos en 2020.

Xa están previstas as vindeiras reunións na escola-centro social de Santa Olaia de Batalláns o mércores 17 as 19 horas e o mércores 24 as 18 horas na escola de Cerdeira.

Fotos en San Pedro de Batalláns:

Fotos en Santa Olaia de Batalláns:

Fotos en Cerdeira:

Ler Máis
22 Out
0

Samaín nas Neves

Para celebrar o Samaín poñense en marcha varias actividades:

Durante os días 23, 24 e 25 de outubro de 17 a 19 horas OBRADOIRO DE CABAZAS na Biblioteca Municipal.

A tarde do sábado 3 de novembro festa do SAMAÍN na praza Maior.

Ler Máis
21 Out
0

Bando Programa Galego de detección precoz do cancro de mama

Ver Bando

 

Ler Máis
19 Out
0

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal

Esta axuda está destinada a adquisición dun servizo para unha persoa con discapacidade. A
determinación do importe das axudas para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal establécese en función da intensidade do servizo e dos custos unitarios

Requisitos das persoas beneficiarias
a. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
d. Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SE VOSTEDE CREE QUE TEN DEREITO A ESTA AXUDA ACUDA OS SERVIZOS SOCIAIS
COMUNITARIOS DO CONCELLO (MARTES E VENRES DE 10:00 A 14:00)

Axudas a discapacidade

Ler Máis
16 Out
0

Contratación de 5 persoas perceptoras da renta de integración social (RISGA)

Logo de 4 meses de trámites administrativos nos que a Xunta de Galicia denegaba a citada subvención, finalmente tiveron a ben concedala e por iso iniciamos o proceso de selección para a contratación que ten ser efectuada como moi tarde o día 1 de novembro de 2018.

Toda a información, requisitos de acceso, condicións, proceso de selección, etc no documento de bases publicado a continuación.

Bases proceso selectivo Risga

LISTADO PEÓNS FORESTAIS

LISTADO PEÓNS CONSTRUCIÓN

Ler Máis