Blog

01 Ago
0

CASTRO DE ALTAMIRA

Castro situado nun lugar privilexiado e visible dende calquera punto do Val do Tea. Incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034001 e recoñecido tamén como Ben de Interese Cultural (BIC). Componse dunha acrópolis rodeada por diversas terrazas, distinguíndose ata 3 diferentes. A croa ten unhas dimensións de 40×40 metros nos exes norte-sur e este-oeste, estando rodeada toda ela por unha muralla duns dez metros de altura. Por debaixo de esta acrópole sitúase a primeira terraza cunha anchura duns 20 metros e que se separa do aterrazado superior por unha muralla de tres metros. Esta terraza marca o perímetro total do castro, sendo a muralla a que delimita o exterior do castro. Pola parte norte compleméntase a muralla con un sistema defensivo de foso e parapeto; o foso ten uns 15 metros de ancho e unha altura duns cinco metros cara a muralla do castro. Na parte sur do castro e dentro deste encóntrase unha capela. A forma do castro aproxímase bastante á circular.

Ademáis de situarse nun alto con importancia estratéxica, levaronse a cabo importantes descubrimentos de materiais, entre os que destacan algunhas figuras de bronce romanas.

A primeira escavación en Taboexa documentada data do ano 1929, realizada por Cayetano de Mergelina y Luna. Os materiais atopados foron depositados no antigo Museo da Sociedade Arqueolóxica, xerme do actual Museo de Pontevedra.

A segunda escavación, no ano 1973, dirixida por García Alén, non deixou ningún material depositado no Museo de Pontevedra.

Novamente na terceira escavación realizada por Paloma Acuña e García Alén deixou unha serie de materiais no museo.

Atopamos tamén un Petroglifo, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034090. No cumio do castro atópase unha pedra cun petróglifo de 2,80 metros de longo e 1,70 metros de ancho na que se observan coviñas e un círculo.

Ler Máis
01 Ago
0

PONTE DAS PUNTALEIRAS

Construcción incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034049. Situada tamén sobre o río Termes á altura de Mirenciños, na parroquia de Vide, pola que pasa o Camiño dos Frades. Pese a que algunhas referencias databan a esta ponte como unha construción da época romana, probablemente sexa produto da Alta Idade Media. A ponte consta dun só arco apuntado duns 5 metros de altura e 7,5 metros de ancho. Na parte interior deste arco existen diversas marcas de canteiro. A lonxitude total da ponte ronda os 20 metros, e a anchura os 3,30 metros.

O entorno da ponte

 

O río Termes

Ler Máis
01 Ago
0

PONTE DA SENRA

Ponte Romana situada sobre o río Termes, incluida no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034048 e igualmente recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC).

Esta ponte conta cun arco de medio punto dunha altura de 3,50 metros e lomo de mula, característico das pontes baixo medievais. Sen embargo a ponte que hoxe vemos sería unha reconstrucción de outro anterior que nos levaría ao século XVIII ou principios do XIX. Seguramente fora empregado polas rutas de arrieiros que portaban viño, pescado e outras mercancías ata as cidades nobles e centros eclesiásticos. Consérvase a súa calzada e un tramo empedrado duns 50 metros. A lonxitude total da ponte é de 14 metros e o seu ancho de 3,30 metros. Está realizada con pequenos perpiaños de distinta tipoloxía e perfección, situándose os máis perfectos no arco.

A ponte vista dende o Río Termes

Ademáis de resultar un atractivo por si mesma, atópase nun valioso conxunto etnográfico, conformado por muíños e un peto de ánimas. Por esta ponte cruzaban os peregrinos, que procedentes de Portugal, dirixíanse a Santiago, santo que deu nome á parroquia de Santiago de Ribarteme.

Hoxe en día esta ruta é coñecida como o Camiño dos Frades. Este é un antigo camiño que se dirixía ao santuario da Franqueira e que segundo a tradición xa percorría a raíña Isabel de Portugal, alá polo século XII, que nas súas viaxes cara Santiago, descansaba na Franqueira e Pontevedra.

A ponte que nos ocupa atravesa o Río Termes no lugar de Pereiras, en Senra. Encóntrase baixo un paraxe maravilloso, onde a vexetación e a arte secular fúndese nun fantástico marco incomparable.

Río Termes

A lenda conta que toda muller cun embarazo complicado, debía achegarse á ponte e deitarse debaixo dela, á espera de que chegaran un home e unha muller, que posteriormente serían os padriños do neno. Estas persoas terían que acudir a xunto da rapaza e botarlle auga sobre o abdome. Durante este proceso, ningún animal podería cruzar a ponte para que o feitizo fora efectivo polo que, co motivo de tentar evitalo, a cada lado da ponte se situaría algún familiar da futura nai. En caso contrario, a muller abortaría.

O entorno da ponte

Na contorna da ponte existen varios elementos. Ó lado da ponte existen os restos dun gran muíño de dúas rodas con mostras de ter sido abandoado no século XX. Uns metros máis arriba hai outro muíño de máis modestas dimesións.

Por último, xunto á ponte existe un elemento moi común neste tipo de pontes.Trátase dun peto do ano 1815, de tipo aberto e tellado plano, coronado por unha cruz octogonal de pedra. O seu valor e singularidade recaen na súa policromía.

Ler Máis
01 Ago
0

ÁREA RECREATIVA DE SANTA MARIÑA

Área recreativa situada nas proximidades do río Miño nas parroquias de Tortoreos e Liñares, na que poderá desfrutar dun día en familia rodeado de especies arbóreas autóctonas e a benignidade do río Miño. A súa orixe céntrase na ermita de Santa Mariña ubicada no medio do área e trátase dunha sencilla construcción dedicada a Santa Mariña, do século II. A construcción existente hoxe en día é unha capela de planta única e rectangular con unha sinxela espadaña e cubrimento de tella a dúas augas. Poderíase adiviñar un templo do século XVIII, que tendo en conta a remota devoción da santa, levaríanos á conclusión da existencia de unha construcción moitísimo máis antiga da cal hoxe non existe á vista. A situación da ermita podería indicar un lugar sagrado e venerado e para elo debemos indicar a presenza moi cerca do coñecido como Castro da Graña, e sobre todo a súa ubicación a orillas do Miño, emplazamento utilizado polos nosos antepasados dende hai 400.000 anos.

 

Ermita de Santa Mariña.

No ano 1994 o lugar foi rehabilitado, dotándose a zona con mesas, barbacoas e todo o necesario neste tipo de áreas recreativas, que no verán convértese nun lugar ideal para pasar o día e así tamén disfrutar da praia fluvial e refrescarse a orillas do Miño. Para chegar a Santa Mariña debemos acceder dende Liñares e cruzar a carretera As Neves-Salvaterra mediante un viaducto. Se accede á área baixo a antiga ponte (s. XIX) do tren de Santa Mariña.

Parque infantil na área recreativa.

Dende a ermita parte o coñecido como Camiño dos Pescadores, unha senda de menos de 3 kilómetros que conduciranos por orillas do Miño ata a praia fluvial de Guláns, percorrendo elementos etnográficos como as pesqueiras e outras construccións relacionadas co contrabando dos últimos séculos con Portugal e a Raia.

Ler Máis
01 Ago
0

CHAN DA BESADA

Nun lugar onde os cotos teñen nome de animal, reúnese o gando do monte sen que ninguén saiba o motivo. Situado na parroquia máis alta do concello, Cerdeira.

Os animais xúntanse onde se forma unha lagoa vida a menos, que segundo a tradición oral mesmo puido ser un glaciar.

Ler Máis
01 Ago
0

SAN NOMEDIO

O Concello de As Neves vertébrase ó redor del. Nas súas ladeiras conflúen catro parroquias: San Pedro de Batalláns, Rubiós, San Xosé de Ribarteme e Taboexa, e pódese observar petroglifos nalgunhas das súas pedras. Conta tamén con un mirador dende o cumio do propio monte, a uns 690 metros de altitude. Dende aquí poderemos divisar unhas fantásticas vistas, admirando a contorna composta por enormes espazos naturais (como os vales de Xuliana e Termes, visualizando os concellos máis próximos, Portugal e podendo mesmo ver un día despexado as Illas Cíes. É un lugar perfecto para a organización de rutas, por exemplo en bicicleta.

Ademais, pódese aproveitar para visitar a Área Recreativa do Pousadouro, unha área de recente construción que constitúe un espazo perfecto para descansar, por exemplo para aqueles que realizan o Camiño dos Frades, sita nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está composta por castiñeiros, con sotobosque de varias especies.

Área recreativa de Pousadouro

Neste monte localízase a ermita de Sandomedio, construída tras a suposta aparición da Virxe y de fabricación sencilla, con unha soa nave e de modesta edificación. Existe neste lugar unha pedra con forma de cadeira da que se conta que San Nomedio se sentaba a charlar cos seus irmáns. O día 7 de agosto celébrase unha romería e relaciónase coa protección ás colleitas. Dende algunhas das parroquias limítrofes organízanse andainas ata a romería, incluso existen grupos de persoas que se desprazan ata a zona o día previo ao festexo. A festa prolóngase dende primeira hora da mañá durante todo o día. Os actos acompáñanse de música tradicional, postos de comida e bebida, etc.

Ermita de San Nomedio

Conta a lenda que o Sandomedio era o maior de sete irmáns ós que lles correspondía un monte da contorna para cada un: San Fins, San Bartolomeu, San Vicente, San Sebastián, San Amaro e a Virxe da Ascensión.  O Sandomedio era o maior e, o mesmo tempo, a figura central de todos eles, xa que dende a súa montaña podía velos a todos. Ó morrer un deles afogado os demáis decidiron subir ó alto dun monte, onde hoxe existen as súas respectivas capelas. Tamén se di que esconde un “brazo de mar”, a máis de atribuirlle a posibilidade de ser o mítico Medulio.

Ler Máis
01 Ago
0

A LAGOA DE MEDÁNS

Situada na parroquia de Setados, é un recuncho para sentarse, respirar e tomar folgos ao carón do Camiño dos Pescadores.

A confluencia do río Termes co Miño creou un ecosistema de gran valor ecolóxico, incluído dentro da Rede Natura 2000, no que habita unha especie de tartarugas pouco común, o sapoconcho riscado ou sapoconcho leproso. Esta é unha tartaruga de auga doce, autóctona da Península Ibérica e moi escasa na nosa comunidade. A súa conservación enfrontase a graves problemas pola degradación dos hábitats, da súa captura como mascota e da competencia polo alimento con outras especies introducidas polo ser humano. Esta tartaruga é unha especie carnívora que se alimenta basicamente doutros animais como tritóns, ras, caracois, vermes e pequenos peixes.

Ademais, existen diferentes lendas asociadas a este lugar…

Non habendo campás na igrexa de Setados, os veciños da parroquia reuníronse e foron a roubar unhas a Portugal pero cando volvían, os bois que as transportaban asustáronse e guindaron as campás ao fondo da lagoa, onde aínda resoan cada 24 de xuño, delatando a quen as roubou”

Ler Máis
01 Ago
0

FERVENZA E MUÍÑO DA CEÑA

Moi cerca dos límites do concello de As Neves e Salvaterra desemboca o Río Xuliana no Río Miño e faino en forma de cascada. Este río nace no monte Feresvello, ten un largo de 5 kilómetros. Pasa por Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca en forma de cascada duns 5 metros de altura, moi preto da Área Recreativa de Santa Mariña.

Fervenza duns 5 metros, que resulta da desembocadura do río Xuliana no río Miño. Uns metros antes existe un muíño abandoado que hai anos quizáis daría o nome de A Ceña. Unha aceña é un muíño que se diferencia do resto pola posición vertical da súa roda. Ademáis, xunto a fervenza, existe un areal que no verán se converte en praia fluvial.

O seu acceso non é doado e non existen indicacións. O mellor é achegarse á estrada que nos leva á Ermita de Santa Marta e antes de chegar a ela e de cruzar a vía do tren debemos coller unha pista xusto nunha curva que nos levará paralelos á vía do tren ata o túnel do tren.

Ler Máis
10 Dec
0

Curso de Poda

Curso de poda e xardinería para persoas desempregadas.

cibran01

Ler Máis
24 Nov
0

Curso de Alfarería

Donec rutrum congue leo eget malesuada. Curabitur non nulla sit amet nisl tempus convallis quis ac lectus. Cras ultricies ligula sed magna dictum porta. Pellentesque in ipsum id orci porta dapibus. Praesent sapien massa, convallis a pellentesque nec, egestas non nisi. Nulla porttitor accumsan tincidunt. Vestibulum ante ipsum primis in faucibus orci luctus et ultrices posuere cubilia Curae; Donec velit neque, auctor sit amet aliquam vel, ullamcorper sit amet ligula. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla quis lorem ut libero malesuada feugiat. Cras ultricies ligula sed magna dictum porta.Contacontos

Ler Máis