Blog

15 Out
0

As profesionais do Servizo de Atención Temperá das Neves, amosan e explican o seu traballo con nenas e nenos de entre 0 e 6 anos de idade

As persoas que o desexen poden coñecer en primeira persoa, este mércores, día 16, ás 16:30 horas- no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé- o traballo que desenrolan os profesionais do Servizo de Atención Temperá do Concello das Neves.

Dende o pasado 2 de setembro, este servizo, desenrolado no Centro Social municipal, a cargo da psicóloga Rosa García, a logopeda Noelia Rivadas e a fisioterapeuta Tania da Rocha, ten coma obxectivo detectar e atender posibles trastornos no desenrolo de nenas en nenos de entre 0 e 6 anos de idade.

Implicación do entorno escolar e familiar

Esta atención, coma sinalan as tres profesionais, abranguen un conxunto de intervencións e iniciativas que non só teñen coma implicados aos pequenos, senón “ás persoas da súa contorna”, coma os país, educadores e familiares.

Intervención de servizos sociais, profesores e pediatras

Na detección de posíbeis dificultades ou problemas no desenrolo teñen unha importancia clave as profesoras e profesores das escolas de Educación Infantil, o persoal do departamento de Servizos Sociais, que está en contacto diario con familias do concello e a Pediatra, que pode atopar alteracións, sexan transitorias ou non, que requiran unha análise, estudo e atención.

Importancia da actuación dende os primeiros meses de vida

Este servizo, que conta cunha subvención do Goberno de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, atende na actualidade en As Neves a 8 nenas e nenos con dificultades no seu desenrolo, ou en risco de telas, aos que se estimula mediante técnicas de fisioterapia, psicomotricidade e logopedia, desenroladas mediante xogos e actividades de lecer e entretemento, de cara a darlle resposta, axiña, ás mesmas.

Rosa, Noelia e Tania, subliñan a transcendencia de traballar con cativas e cativos xa dende os primeiros meses posto que aproveitase a facilidade de aprendizaxe e capacidade de adaptación que ten o cerebro de bebés e nenos de entre 0 e 6 anos. É nesta etapa de tempo na que máis se pode favorecer o desenrolo das pequenas e pequenos proporcionándolles percepcións sensoriais que os estimulen.

Ler Máis
01 Out
0

XIV Festa do Tinto Rías Baixas

AS NEVES ACOLLE A ‘XIV FESTA DO TINTO DAS RÍAS BAIXAS’ CUN PROGRAMA QUE EMPEZA ESTE XOVES E ABRANGUE DISTINTAS ACTIVIDADES DURANTE NOVE DÍAS

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.

Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.

Con esta idea, o vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’, ás 21:30h, no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.

O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.

O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

 

Ler Máis
13 Set
0

Selección de 2 prazas do programa “O teu primeiro emprego”

O Concello das Neves solicitou subvención para a contratación de dous/dúas traballadores/as en réxime de contrato en prácticas, de conformidade co BOPPO N.o 92 de data 15 de maio de 2019, no que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de ata dúas persoas en réxime de contrato en prácticas.
Trátase da contratación en interese do fomento da empregabilidade dos desempregados da Provincia de Pontevedra de dous/dúas traballadores/as a xornada completa durante 6 meses prorrogables ata 2 anos, para colaborar cos  correspondentes servizos municipais e para as seguintes titulacións:
– Diplomatura/Grao en Educación Social.
– Grao en enxeñería de Edificación Arquitectura Técnica/Arquitectura Técnica en
Execución de Obras.

 

Documentos do proceso de selección:

Decreto de Convocatoria e Bases de Selección do programa O TEU PRIMEIRO EMPREGO

Instancias programa

Resultados da Comisión de valoración

Resultado da comisión de selección para a praza de arquitectura técnica co gallo da ampliación da oferta

Ler Máis
11 Set
0

Aula matinal no Colexio das Neves

Co inicio do novo curso establécese un novo servizo asociado ao ensino, a etapa escolar.

Este servizo de aula matinal ou plan madruga vai axudar a conciliar a vida escolar e laboral podendo deixar as crianzas no colexio dende as 7:30 da mañá ata a hora de comezo do horario escolar.

Para máis información e prezos consultade nas oficinas do centro escolar.

Ler Máis
11 Set
0

Servizo de Atención Temperá (SAT)

O Concello de Salceda de Caselas e o Concello das Neves desenvolven un novo servizo en conxunto. Este é o servizo de Atención Temperá destinado as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias.

 

Trátase dun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno. Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenrolo ou en risco de padecelos.

+ información en:

 

 

Ler Máis
10 Set
0

Ximnasia para maiores

A Concellería de Benestar Social informa que se vai por en marcha a actividade “exercicios saudables para persoas maiores”

BENEFICIARIAS/OS: persoas empadroadas maiores de 65 anos

LUGAR: sala do Centro Social

HORARIO: os martes e venres de 19:30 a 20:30hs

A PARTIR DE OUTUBRO

**Anotarse na 1ª planta do Centro Social, no 986 667 134 ou en auxiliarssss@asneves.gal

Ler Máis
10 Set
0

Escola de Fútbol

Logo de comezo oficial da tempada ligueira de fútbol de veteranos e afeccionados, en breve tócalle aos máis peques.

Entrenamentos os luns e os venres de 18 a 20 horas no campo de fútbol municipal Pepe Capón.

#AsNevesédeporte

Es

Ler Máis
06 Set
0

XIV Festa do Tinto Rías Baixas

Anunciamos a data da XIV Festa do Tinto Rías Baixas. Como novidade, a partir desta edición, a Festa vai estar máis ligada á nosa gastronomía e o día central pasará a celebrarse en outono, concretamente o 12 de outubro. Manteranse actividades ao longo do ano dando aos nosos viños o valor e o protagonismo que merecen e facendo deles e, da nosa gastronomía, un eixo clave para a nosa economía.

#XIVFestadoTintoRíasBaixas

Ler Máis
31 Ago
0

Axudas á Mocidade para a adquisición de vivendas

O Concello das Neves publica información de interese sobre as:

AXUDAS Á MOCIDADE PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS. 

Programa de axudas para adquisición de vivendas para menores de 35 anos residentes en Concellos de menos de 5.000 habitantes. Toda a información en:  http://igvs.es/web/actuamos/917

Ler Máis
29 Ago
0

V Xornada de Cultura Urbana nas Neves.

 

Con Obradoiros de Danzas de rúa, Personalización de camisetas e Parkour.

O sábado 7 de setembro a partir das 16:30 h na Casa da Xuventude.

#AsNeveséMocidade

 

Ler Máis