Blog

18 Feb
0

Dia de Rosalía

O Concello das Neves organiza a celebaración do día de Rosalía o vindeiro domingo 24 de febreiro cun concerto no mercado municipal.

Ler Máis
18 Feb
0

Entroido 2019 nas Neves

O Concello das Neves pon en marcha  o Entroido por cuarto ano consecutivo.

A celebración comezará o venres día 1 de marzo a partir das 21hs co Venres de Comadras que organiza a Asociación Cultural As Neves Group.

Xa o sábado día 2 dende as 18hs desenvolveráse o desfile de comparsas dende a rotonda do Montesol ata a Praza Maior, onde haberá música, obradoiros, coplas, premios e a afamada Queima da Velutina.

Os entroidos individuais e as comparsas terán dereito a premios según a bases que se publican a continuación:

Bases entroido 2019

Bases entroido 2019 correccion de erros

Ler Máis
15 Feb
0

O Goberno local das Neves conquire que, finalmente, a Xunta de Galicia licite as obras da nova escola infantil

O Goberno local das Neves vén de acadar que, por fin, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aprobe a licitación da Escola Infantil. O propio xerente do Consorcio,  Perfecto Rodríguez, chamou ao alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, para darlle a nova.
A ‘gardería’ bota a andar, indica o alcalde, logo de que o Goberno local asinase un convenio, hai máis dun ano, co Consorcio para impulsar a construción da mesma.
Dito convenio establecía que o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, “como así fixemos”; poñer a dispor un inmoble municipal, “que será a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé ” e, por último, achegar unha porcentaxe do custo total das obras, que será duns 300.000€, “o cal tamén completamos destinando ás mesmas 75.000€ dos orzamentos municipais”, explica Xosé Manuel Rodríguez.
Finalmente a Escola, “unha demanda e unha necesidade que temos en As Neves”, vai ser unha realidade. O alcalde agradece e recoñece “o esforzo e a paciencia dos membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP e dos futuros usuarios deste centro” e amosa a súa ledicia porque este proxecto “no que levamos traballando tanto tempo, vaia a ser unha realidade”.

Ler Máis
14 Feb
0

As Neves vai completar a sinalización dos barrios e parroquias

O Concello das Neves iniciará nos vindeiros días a segunda fase de instalación de sinais informativas nos barrios e parroquias. “Colocaranse 150 sinais no resto das parroquias que estaban pendentes”, sinala o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Con esta iniciativa, “o territorio municipal estará totalmente sinalizado con arredor de 285 sinais”, un traballo que estará rematado en apenas dous anos logo dun investimento total de 83.000€.

O alcalde lembra que este proxecto foi “principal” na xestión do Goberno local, pero “tamén unha das demandas máis estendida entre a veciñanza, nas xuntanzas do Concello Escita, que volve, de novo, ás parroquias”. “Con este proxecto logramos mellorar as comunicacións por estrada, por en valor a nosa toponimia e tamén xerar orgullo de ser de cada barrio ou lugar no conxunto das Neves”.

Ler Máis
12 Feb
0

O Goberno local das Neves vén de dirixirse á Xunta de Galicia coa finalidade de que asuma as súas competencias e actúe contra o avance da vespa asiática neste concello

O Goberno local das Neves vén de dirixirse á Xunta de Galicia coa finalidade de que asuma as súas competencias e actúe contra o avance da vespa asiática neste concello

A inicio de 2016, lembra o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “dende o Concello solicitamos poder contribuir cunha colaboración voluntaria na eliminación desta praga. En agosto de 2016 a Xunta de Galicia aportou a este fin algún material” para poder levar adiante algunhas accións.

O Concello, cun grupo de voluntariado ambiental, estivo desactivando niños e “chegamos a eliminar preto de 200 no ano 2017”, engade o alcalde, pero a Xunta, “que ten as competencias exclusivas nesta materia, non interviu activamente no noso territorio, e a xestión que realizou nesta matéria careceu de calquera tipo de avance, nin na investigación nin na actuación directa na eliminación física dos enxames”.

Esta ausencia de traballo efectivo da Xunta, constata o Concello, produce un efecto pernicioso e inxusto na nosa sociedade e desmobiliza a toda aquela xente que se compromete voluntariamente no ataque á praga.

Do mesmo xeito, converte ao Concello, e a este grupo de acción medioambiental, nos aparentes responsables de resolver todas e cada unha das denuncias e reclamacións por avistamentos e detección de niños de vespa velutina, cando “na realidade, non se lle ten transferido nin a competencia, nin os medios económicos, materiais e de persoal imprescindibles para abordar con éxito a resolución do grave problema a que nos enfrontamos”.

Por todo isto,o Concello das Neves ten adoptado a decisión de comunicar e esixir a Xunta de Galicia que realice, de acordo coa sua obriga competencial, e cos seus propios medios económicos humanos e materiais, a xestión da eliminación da praga da vespa velutina. Por tanto, dende este momento calquera sospeita de presenza de vespa velutina debe ser comunicada a Xunta de Galicia a través do 112.

Ler Máis
12 Feb
0

Xornadas de reforestación “Sementando Vida” do 9,10 e 16 de febreiro de 2019

O Concello das Neves, en colaboración coa empresa “ONE OAK” – a través do seu proxecto “Renacer” – as comunidades de montes, “voluntariadoasneves”, e coa túa axuda, vai a levar a cabo a plantación de 10.000 árbores autóctonas, reforestando o “Sendeiro dos pescadores” na contorna do río Miño, un vieiro que nos une a Portugal e por onde hai un ano que entrara o lume.

Nas primeiras xornadas de reforestación, que se levaron a cabo os días 10 e 11 de novembro, grazas a vosa axuda, plantamos xa as primeiras 1500 árbores

Afrontamos agora con moitísima ilusión esta segunda parte do proxecto, no que temos previsto plantar 8500 árbores máis, entre freixos, bidueiros e castiñeiros.

Pulsa no seguinte enlace para a inscrición

https://goo.gl/forms/JRScQDH5o4CFvrdv2

Para calquera consulta poden porse en contacto en voluntariadoasneves@gmail.com

Ler Máis
06 Feb
0

Selección de persoal temporal grazas á subvención da Deputación de Pontevedra

O Concello das Neves publica a previsión de contratación temporal durante o ano 2019.

Tentamos que ese emprego sexa cada vez de maior calidade, coa mellora nas condicións laborais e o tempo de contratación máis amplo posible.

BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL MEDIANTE A SUBVENCIÓN DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Convocatoria e bases para a selección de persoal a contratar grazas ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

#AsNeveséemprego
 

Ler Máis
04 Feb
0

O Pleno do Concello das Neves, deu o visto bo, á aprobación inicial da modificación puntual do planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel da Garda Civil

A modificación puntual do planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel da Garda Civil aprobouse co voto a favor de BNG e PSOE e  sen o apoio do PP.

Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandonado.

Esta decisión, subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “permitirá, entre outros proxectos, a conversión do cuartel en residencia para maiores”.

A modificación puntual do planeamento urbanístico neste zona urbana das Neves servirá para, garantir a preservación do patrimonio cultural, nomeadamente no referido á edificación da antiga casa cuartel da Garda Civil, incluída no catálogo do PXOM (E 1202), e ao BIC que na mesma se integra, adecuando o seu réxime de protección á vixente Lei de Patrimonio Cultural de conformidade co recollido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio en 2017.

Tamén, completará a estrutura do núcleo urbano das Neves procurando a través da ordenación deste ámbito a acaída articulación, funcional e formal dos desenvolvementos das últimas décadas coa vila tradicional, partindo do espazo público como principal elemento de integración.

Ao tempo, garantirase a conservación da pequena fraga existente no ámbito facendo compatible o seu uso para o lecer cidadán como zona verde pública coa preservación do seu valor natural e paisaxístico e reducirase a pegada da ordenación minimizando a artificialización de solos e os movementos de terras.

Está modificación do PXOM tamén vai permitir dotar ao núcleo urbano das Neves dunha residencia de maiores dando así resposta as necesidades da poboación e fomentando o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.

MP9 PXOM AS_NEVES

Ler Máis
02 Feb
0

Inauguración da musealización dos petróglifos da Coutada

O Concello das Neves preve para o sábado de febreiro a inauguración da recente musealización dos petróglifos da Coutada

#AsNevesépatrimonio

Presentación e visita a musealización dos petróglifos da Coutada en Taboexa (As Neves).

A tarde noite do sábado disfrutamos da posta de longo desta xoia da arte rupestre galega da man do Instituto de Estudos Miñoráns.

Moitos veciños, veciñas e visitantes nos acompañaron.

 

 

Ler Máis
01 Feb
0

3 Trail Vila das Neves

O vindeiro domingo 10 de febreiro o clube Cornelios organiza o 3 Trail Vila das Neves para o que o Concello colabora na organización.

Toda a información en: https://www.facebook.com/events/211101016505184/

Noticia de prensa da presentación:

https://xornal21.com/art/26739/presentacion-do-terceiro-trail-vila-das-neves-marques-de-vizhoja?fbclid=IwAR25cLqu15pfs2s7ZhNa_v4uN9AJEB5PRaM7juRbfwQxexOYmNnHxBj_Bqc

Ler Máis