Blog

28 Mai
0

Presentación de Sermos Diario Galego

Foto do acto de presentación

Presentación de Sermos Diario Galego, xoves 31 as 21hs no C.I.P.C. de Taboexa.

“Quero convidarte persoalmente ao acto de presentación do xornal diario Sermos que organizamos para este próximo Xoves 31 ás 21:00hs no Centro de Interpretación do patrimonio de Taboexa .
A pluralidade informativa é esencial para conseguir sociedades avanzadas e progresistas.
Gostaria contar coa tua presencia e das persoas que convides.”

Xosé Manuel Rodriguez Méndez
Alcalde As Neves.

 

Ler Máis
22 Mai
0

Inicio da recuperación e posta en valor da Fonte de San Ignacio nas Neves

Nos últimos días o Concello das Neves comezou as obras para recuperar a fonte de San Ignacio anteriormente coñecida como fonte do Regueiro.

Os traballos que se realizan son financiados ao cen por cen pola área de Patrimonio da Deputación de Pontevedra e deberán rematarse neste mes de maio.

A fonte recuperará a auga nos seus canos e será adecentada. Na súa contorna, na parte traseira retiranse as construccións en estado de ruína que non tiñan ningúnha función.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, recoñece que a veciñanza máis maior agradece moitísimo a recuperación desta fonte sen esquecer que en todo o concello hai máis de 200 fontes. Indica que este é un espazo con moito potencial e especial para desfrutar do noso pobo.

O Concelleiro responsable da área de Patrimonio, Oscar González, que visita a fonte, agradece a Deputación a posta en marcha destes programas de posta en valor do patrimonio, xa que grazas a eles podemos acometer estas pequenas accións sen ter que deixar de facer outras tamén moi necesarias, sobre todo neste ano no que o lume e as posteriores enchentes nos obrigaron a retrasar proxectos para poder reparar os danos.

Oscar González, Concelleiro de Patrimonio, visitando a fonte

Ler Máis
21 Mai
0

Depo Andaina As Neves

Toda a información en:

https://www.depo.gal/depo-andainas/as-neves

 

Algunhas fotos:

Ler Máis
15 Mai
0

3ª Brincadeira

O vindeiro sábado 19 de maio a partir das 17 horas a Asociación As Neves Group organiza a 3ª Brincadeira Solidaria de axuda ao refuxiado. Haberá obradoiros, xogos xigantes, pintacaras, mago…

Ler Máis
14 Mai
0

Proceso de contratación de persoal temporal do Concello. 2 Condutores/as

O Concello das Neves lanza o proceso de contratación de 2 conductores/as coas seguintes características.

DOUS POSTOS DE CONDUTOR-TRACTORISTA (OFICIAL DE 1a)
Requisitos de acceso:
– Titualción mínima de Graduado en ESO ou equivalente.
– Carné de conducir C e estar en posesión do Certificado de Aptitude para condutores profesionais (CAP).
Prazo de solicitudes: 5 días naturais a contar dende o día seguinte á publicacion deste anuncio.
Presentación de solicitudes no Rexistro do Concello de luns a venres de 9 a 15 h. e nas demáis formas recollidas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Consultar Bases da Convocatoria: Taboleiro de Anuncios do Concello, páxina web (www.asneves.gal) e na súa sede electrónica (concelloasneves.sedelectronica.gal).

Decreto convocatoria postos de condutores/as

Anuncio no Xornal Faro de Vigo

Listado definitivo de condutores tractorista, baremación de méritos achegados e data de proba práctica

Resultado da selección de dous postos de conductor-a-tractorista (oficial 1ª)

Ler Máis
11 Mai
0

Letras Galegas nas Neves

O Concello das Neves celebra con diversos actos con escolares e musicais o día das Letras Galegas

 

Ler Máis
04 Mai
0

Bando ITV Ciclomotores

Ver Bando

Ler Máis
25 Abr
0

As Neves contrata 15 persoas mediante a subvención do Plan Concellos da Deputación

Publicacións de interese relacionadas co proceso de selección:

Resultado Auxiliar Administrativa

Resultado Fontaneiros

Data da entrevista a persoas fontaneiras e auxiliares administrativas

Data Presentación Instancias persoas fontaneiras e adminstrativas

Resultado selección Peóns Forestais

Resultados selección Peóns Construcción

Horario de entrevistas para peóns de construcción e forestais

Novo Prazo para a presentación de Instancias de peóns forestais e de construcción

Resultado selección primeiros postos (Aux. SAF, limpador/a, varredor/a e operario/a do punto limpo)

Horario primeiras entrevistas (Aux. SAF, limpador/a, varredor/a e operario/a do punto limpo)

Oficios que servirán para levar a cabo diversas actuacións de conservación e mantemento de bens públicos

As persoas candidatas deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. O concello solicitará as persoas traballadoras mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o Concello. Este será quen realice a selección definitiva das persoas candidatas.

Os postos de traballos son:

1 peón para o punto Limpo CNO:94421013

1 auxiliar de axuda a domicilio CNO:57101013

2 limpadoras/es de edificios e e locais CNO:92101050

1 peón varredor/a CNO:94431016

que traballarán dende o día da contratación ata o día 31 de decembro de 2018 a xornada completa.

2 peóns de construcción CNO:96021013

4 peóns forestais CNO:95431028

que traballarán dende 1 de abril ao 31 de decembro de 2018.

1 Auxiliar Administrativo/a CNO:43091029

2 fontaneiras/os CNO:72211012

que traballarán dende 1 de maio ao 31 de outubro de 2018.

1 Auxiliar Administrativo/a CNO:43091029

que traballará 2 meses e 26 días a finais de anos

Os requisitos puntuacións e valoracións completas para o acceso aos postos pódense consultar entre outros na páxina web do Concello www.asneves.gal.

BASES DE EMPREGO PLAN CONCELLOS 2018

Ler Máis
25 Abr
0

Proceso de Regularización do Catastro

PROCESO DE REGULARIZACIÓN DO CATASTRO

O Ministerio de Facenda puxo en marcha no ano 2017 un proceso de regularización catastral nas Neves e noutros concellos do país que derivou na alta no imposto de construcións e revisión de valoracións doutras que xa estaban de alta. Nese proceso impuxeron un pago ou multa de 60 euros a cada propietaria/o e agora pasan ao cobro os 4 anos que consideran de atrasos.

O Concello das Neves dende o primeiro momento opúxose ao proceso no que se impuñan multas de 60 euros e se daban de alta, ata como vivendas, cubertos e outras construcións propias de Galicia.
Por iso daquela e agora de novo xestionamos co Catastro para que haxa un lugar no que poder consultar e ser asesoradas/os nas reclamacións para que as veciñas e veciños teñan o menor impacto posible a unha decisión errada do goberno do Estado Español.

Ler Máis
20 Abr
0

As Neves dinamizará a vida de persoas maiores que viven soas no rural

A entidade financeira destina 20.000 euros a este proxecto, que chegará a 13 parroquias
O alcalde das Neves, Xosé Rodríguez Méndez, e o xefe de zona de CaixaBank, Igor das Heras, asinaron onte o convenio de colaboración polo cal a Obra Social “La Caixa” colabora, con 20.000 euros, nun proxecto de Atención Sociocomunitaria para a dinamización de persoas maiores que viven soas no rural, e que sufriron, nalgúns casos, a perda de pertenzas no incendio de outubro.
Segundo explicou o alcalde das Neves, é un proxecto que chegará ás 13 parroquias do municipio, e cuxo programa de intervencións ultima o departamento de servizos sociais.
Trátase de programar actividades que poidan sosterse no tempo, mesmo cando xa non exista financiamento para as mesmas, e que incida na interrelación entre persoas maiores que non estean acompañados. “Serán actividades de dinamización que buscan unir ás persoas, cuxa situación de soidade, adquire maior desolación tras o gran incendio de outubro”, explica o alcalde.
O Concello realizou un censo de persoas en situación de vulnerabilidade por vivir soas e ser maiores “e vimos a conveniencia de que é necesario que se volvan a crear vínculos entre elas”, sinalou o rexedor.
Este proxecto de Atención Sociocomunitaria é, sobre todo, unha resposta para os efectos psico-sociais provocados pola vaga de incendios do mes de outubro e encaixa nas liñas de actuación da Obra Social “La Caixa”, tal e como explicou Igor das Heras. O xefe de zona lembrou que a entidade se comprometeu en outubro a axudar aos concellos máis devastados polos lumes e incidiu no compromiso social e na proximidade co territorio.
Tralos incendios, As Neves procurou articular desde o primeiro momento unha resposta sociocomunitaria que se enfrontase eficazmente ás consecuencias dos lumes. Á vez que os propios servizos sociais, xogou un papel determinante a organización de grupos de voluntariado que progresivamente foron asumindo tarefas de primeira necesidade (información, abastecemento de auga potable e repartición de alimentos para animais, entre outros). “A súa actuación foi igualmente determinante no apoio emocional das persoas máis afectadas, aproveitando as visitas de distribución de auga para acompañar e compartir a dor de xente que sufriu a perda das súas pertenzas”, explicou o alcalde.
O novo programa é unha continuidade ás tarefas de emerxencia realizadas nos primeiros momentos. O rexedor das Neves, Rodríguez Méndez, agradeceu o importante apoio da Obra Social “A Caixa” para poder desenvolver esta iniciativa.

Ler Máis