Blog

24 Ago
0

PETROGLIFOS DE TABOEXA

Múltiples son os petróglifos que nos últimos anos apareceron nas Neves que datan da Idade de Bronce: Os do Castro de Altamira, os da Fental da Minada, os do Morgallón ou os da Cabreira. Rectángulos, zigzags, coviñas, laberintos ou espirais que debuxan todo un mundo simbólico de gran importancia patrimonial.

Recentemente, descubríronse os gravados da Coutada, quizais o achado máis importante para a arte rupestre galega das últimas décadas.

Nunha gran lousa de granito, nas abas do monte San Nomedio o visitante poderá ver varias figuras antropomorfas e máis de 20 figuras zoomorfas, destacando a silueta dun gran cabalo de máis dun metro de lonxitude.

A maioría dos animais que se representan son équidos e algún can nunha singular escena de caza de máis de 4000 anos de antigüidade.

Para coñecelos pódese concertar unha visita a través do Centro de Interpretación do Patrimonio e Local sociocultural de Taboexa. O mellor momento para observar os gravados son as primeiras e as últimas horas do día, cando a luz do sol incide oblicuamente sobre os mesmos.

Ler Máis
23 Ago
0

PRAIAS FLUVIAIS

O municipio das Neves está dotada con 5 praias fluviales nas parroquias de Liñares, Tortoreos, As Neves, Setados e Vide. Dúas de estas praias dispoñen de área recreativa.

A praia fluvial de Santa Mariña está emprazada nunha zona natural, que destaca especialmente polo seu entorno, bosque autóctono nas inmediacións do río Miño. É ideal para desfrutar en compañía de familia e amigos, á beira da Área Recreativa de Santa Mariña, nas parroquias de Liñares e Tortoreos.

Praia fluvial de Santa Mariña

Tamén na beira do río Miño, na parroquia de As Neves, localízase a praia fluvial de Portomaior. Está situada nun magnífico entorno natural, con especies arbóreas. Polo seu carón transcorre o Camiño dos Pescadores. Conta cunha área habilitada con mesas, bancos e unha fonte, perfecta para facer pic-nic en boa compañía.

Para chegar ata ela debemos tomar a estrada que baixa ata a estación FF.CC de As Neves e antes de chegar a esta coller un desvío a man dereita que nos conducirá ata ela.

Outras das praias son A Ceña na parroquia de Liñares, Guláns na parroquia de , e A Barxa na parroquia de Vide.

 

Praia fluvial de Portomaior

 

Praia da Ceña

 

Praia fluvial de Guláns

Ler Máis
09 Ago
0

Verán Cultural 2018

Tódalas actividades culturais e deportivas que se celebrarán no Concello durante este verán…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler Máis
01 Ago
0

O Concello das Neves ten serios problemas de persoal por mor dun erro da Xunta

As pequenas obras de mantemento e a limpeza de espazos públicos estánse retrasando meses por este motivo

A previsión habitual e portanto,a do goberno nacionalista e socialista era contar con alomenos cinco persoas máis dende finais de maio ou inicios de xuño para atender a pequenas obras de mantemento e a limpeza espazos e viais públicos. A Xunta de Galicia, nun primeiro momento, denegou a subvención para a contratación de persoas perceptoras de Risga. Logo foron precisos un recurso do letrado do Concello e varias reunións para que finalmente se consiga dar a razón a As Neves, coa ainda sorprendente aclaración de que a contratación non se poderá efectuar ata finais de setembro.

O Concello das Neves quere mostrar públicamente o seu descontento con esta xestión da Xunta que está a causar problemas a toda a veciñanza nevense ou nevesa, as persoas actuais traballadoras e as que poderían selo mediante estas contratacións.

Algún do persoal actual incluso está a decidir, por responsabilidade, pospoñer a totalidade ou parte das súas vacacións por esta circunstancia, para así minimizar o impacto na veciñanza.

De calquera xeito, a poboación non ten que preocuparse pola prestación de servizos básicos esenciais como son o abastecemento de auga e o tratamento do lixo que están totalmente garantidos.

Ler Máis
26 Xul
0

I Torneo de Fútbol Sala Memorial Arturo

I Torneo de Fútbol Sala
Memorial Arturo – Concello das Neves
Na pista deportiva da Estación

 

Normativa

Ler Máis
11 Xul
0

Axudas económicas para atención a infancia (0 a 3 anos)

O Concello das Neves informa sobre axudas.

O Bono Concilia de axudas a atención a infancia de 0 a 3 anos

Ler Máis
10 Xul
0

Festa da Criba do compost

Xa temos o primeiro compost nas Neves co plan Revitaliza.

Achégate ao aparcadoiro da rúa Esperanza o venres 13 de xullo durante a mañá e leva unha bolsa con compost.

 

Fotos previas:

Ler Máis
10 Xul
0

Axudas ao alugamento

Axudas para o alugamentos de vivendas.

Consulta toda a información polos distintos medios de servizos sociais.

 

Ler Máis
05 Xul
0

Convenio de fomento das castaña nas Neves

Carmela Silva asina co alcalde das Neves e a Asociación de Desenvolvemento #Rural Ódega o convenio de fomento da castaña.

As Neves é o concello escollido para o desenvolvemento deste proxecto tralas consecuencias dos #lumes forestais de 2017. 👉 A @depo_es inviste 35.000 € para a busca dunha alternativa de aproveitamento #agroforestal en #PontevedraProvincia

Repoboacion de algo mais dunha hectárea con castiñeiros productivos e un proceso formativo en paraleloque permita unha mellor xestión multifuncional do monte.

Ler Máis
04 Xul
0

XIII Festa do Tinto Rías Baixas

Un ano mais As Neves volve a encherse de actividades entorno ao tinto Rias Baixas. Estamos xa na decimo terceira edición desta Festa, que naceu co obxectivo de promocionar uns viños de gran calidade, dentro dunha denominación que o gran público aínda asocia so co branco, pero que cada ano gaña posicións no mundo do viño tinto.

O condado sempre destacou pola produción de viños multivarietais de branco e tinto, pero nas Neves, ademais, está emprazada unha das adegas de referencia da D.O Rias Baixas no que a tintos se refire; Señorío de Rubiós que elabora tintos que inclúen variedades como sousón, mencía, espadeiro ou caíño tinto. Os tintos son, segundo esta adega “Os viños que mellor expresan as características da zona e da terra” e os das Neves destacan polo seu carácter afroitado e polo toque mineral.

Nas Neves conflúen a Innovación e tradición no mundo do viño, e son a mestura perfecta para facer deste concello o lugar ideal de celebración da Festa do tinto Rias Baixas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ANTES DA FESTA

As actividades arranca esta mesma semana, o xoves 28 coa presentación oficial da festa no Consello Regulador de Rias Baixas as 11:00 e na que están presentes o presidente do Consello Regulador o Alcalde das Neves e representantes das adegas locais.

Ese mesmo día ás 20:00h, inaugurase a Exposición fotográfica

“As estacións do tinto” de Ana Araujo, na Biblioteca das Neves, onde poderá visitarse ata o 13 de xullo.

Unha das novidades deste ano, terá lugar o venres 29; coa celebración dunha cea maridaxe “En dous tempos” que se levará a cabo en dous establecementos de hostaleira locais, nun deles será as 20:30 e noutro as 22:30, permitindo así que os que queiran podan acudir as dúas citas. Cada local contará con dúas tapas e a presenza de dous adegueiros locais.

O 30 Iniciarase a 3º edición da Ruta dos pinchos das Neves na que participarán 7 locais de hostalería: Vide Vide-Novo stop-Chiringuito- Fausto-Valeriano-Donde Vamos? e Era Visto que ofrecerán os seus clientes 1 pincho e 1 tapa ao prezo de 2,50€. Participar dará dereito a entrar no sorteo dunha fin de semana nun balneario, ademais de outros agasallos. A ruta rematará o 6 de xullo.

__________________________________________________________________

Xa no mes de xullo as actividades comezan cun acto pensado para o mundo do viño; unha cata profesional que terá lugar no centro das Neves as 20:30 o día 3 e que estará pilotada por David Pascual, Vicepresidente da Asociación de enólogos de Galicia e enólogo de Algueira, adega de Ribeira Sacra de recoñecido prestixio. Os participantes catarán 7 viños da denominación, seis deles monovarietales (Sousón, Pedral,Castañal, Espadeiro,loureira tinta e Caiño) e un plurivarietal. As prazas dispoñibles serán 30 e o local de cata estará emprazado na rúa Marquesa do Pazo nº8

Os días 4 e 5 están reservados para os amantes do cine e o viño, que poderán visionar na biblioteca das Neves o día 4 a película “Entre copas” do director Alexander Payne e o 5 un documental “O viño de Rubiós” dirixido por LLillo Novas e con imaxe de Moreira. Realizado no 2005 e que inclúe entrañables documentos gráficos de nevenses do mundo do viño, xa desaparecidos.

O broche final desta semana chea de actividades entorno ao viño será un concerto de jazz na adega Señorío de Rubiós o día 6 ás 21:30h coa actuación do dúo Jazzic piano-guitar. A entrada ten un custo de 6€ e inclúe, ademais da actuación, dous viños e un pincho.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DURANTE A FESTA

O Sábado día 7 ás 19:00 será a apertura da festa e das casetas, nas que estarán dispoñibles viños de 17 adegas da D.O Rias Baixas, ademais no recinto haberá postos gastronómicos, area de xantar e area de xogos.

Este ano As Neves volve a contar coa presenza do impresionante PERFORMANCE DE PABLO MENDEZ, ás 21:00h, que xa na edición anterior fixo as delicias dos asistentes, cun espectáculo cheo de luz e cor. A praza das Neves volverá a vivir un serán inesquecible.

https://www.vigoalminuto.com/2017/07/09/_pablo_mendez_-deixa-sen-palabras-aos-centos-de-asistentes-a-festa-do-tinto-das-rias-baixas-en-as-neves/

As 20:30h estará aberto o TUNEL DO VIÑO, para aqueles que desexen catar mais de 30 referencias de viños da D.O Rias Baixas, no local da rúa Marquesa do Pazo nº 8 (Xunto o bar Fausto) o túnel permanecerá aberto ata ás 22:00h e terá un coste de 10€

O domingo día 8 os amantes do sendeirismo teñen unha cita no pavillón deportivo das Neves as 09:00h desde onde sairá o autobús que os levará ata a adega Señorío de Rubiós onde dará comezo a ruta de sendeirismo “Entre viñedos”, organizada pola RUTA DO VIÑO DAS RIAS BAIXAS, en colaboración co Concello das Neves. A ruta rematará na adega Viña Nora onde o autobús os devolverá ao cento das Neves. Os interesados poden reservar no: 986 09 10 88

As 11:00 está programada a apertura das casetas e do Túnel do viño e ás 12:00 lerase o pregón que esta ano estará a cargo do actor Antonio Durán. MORRIS, (Manuel Charlín na serie Fariña)

As 12:30 actuará o grupo A barca de Loimil de música e baile tradicional. Durante a festa os visitantes terán a súa disposición un area de descanso e pic nic na que poderán desfrutar das delicias gastronómicas e do viño que se ofertará nas distintas casetas do recinto feiral.

As 15:00 unha actuación para toda a familia Lilicleta, disco retro e xa as 19:00 Fran Rey coa historia de Blancaflor un espectáculo para os mais pequenos. Para rematar Hindie-folk galego ás 20:30 con Caxade.

Mais información: https://www.facebook.com/festatintoasneves/

 

 

Cartaz:

Cartaz da programación previa a festa:

Cartaz programación dos días de festa:

Fotos da Presentación:

Ler Máis