Blog

08 Abr
0

As Neves planta cara ao coronavirus

Un día máis, o noso concello segue sen ter casos de COVID-19


Hoxe fíxose a primeira entrega de material para a confección de batas e mascarillas a 10 persoas do concello. A entrega fíxose a domicilio grazas á colaboración da taxista Nieves.


Entregáronselle 20 batas de alta protección coas súas correspondentes mascarillas, 1 caixa de luvas de nitrilo e 1 pantalla, á coordinadora e algunhas auxiliares de Atendo que fan o Servizo de Axuda no Fogar no noso concello.

 

 

Recibimos 1 caixa de bolsas de papel doadas por Pixeralia e material da Xunta: 2 botellas de lixivia de 2 L, 4 botellas de lixivia de 1 L, 3 botellas de xel, 5 caixas de mascarillas, 3 monos e 3 caixas de luvas.

Fíxose tamén  unha comunicación a todos os establecementos do concello para que soliciten as batas, mascarillas e/ou pantallas que precisen.
Limpouse a carretilla sulfatadora,  as zonas comúns e de máis uso das Neves e os supermercados das parroquias.

Ler Máis
07 Abr
0

Eu non me queixo tomo Requeixo

 #RequeixoNaCasa

Este ano, a causa das medidas de confinamento para frear a pandemia da COVID-19, a XXIX Feira do Requeixo e Mel non pode ser celebrada nas datas previstas e, como xa anunciamos anteriormente, será o 11 de outubro.

Pero, abril é un mes perfecto para consumir requeixo e mel, e nas Neves non imos deixar pasar a oportunidade de promocionar estes produtos tan bos e tan nosos.

Por iso lanzamos unha proposta especial que denominamos #RequeixoNaCasa. Un xeito de compartir o Requeixo e o Mel de igual maneira que o facemos na Feira, pero desta volta, dende a casa.

A idea básica é espallar polas redes sociais estes produtos subindo fotos e/ou vídeos coa etiqueta #RequeixoNaCasa nos que o requeixo e o mel sexan os protagonistas. Poden ser elaboracións ou degustacións de receitas, refráns, cancións ou mesmo historias relacionadas co requeixo e o mel.

ANÍMATE E PARTICIPA!

ENCHE AS REDES SOCIAIS DE REQUEIXO E MEL!

O material gráfico publicado polas persoas que participen nesta Feira dende a casa, pode ser proxectado na Feira que se celebrará o día 11 de outubro. Para iso é necesario envialo a cultura@asneves.gal (pedirase nome a indicar na marca de auga das imaxes/vídeos).

Ler Máis
07 Abr
0

A solidaridade e a xenerosidade poden co COVID-19 nas Neves

Un día máis, seguimos sen ter casos positivos de coronavirus, se ben hai unha persoa que vive en Ponteareas, que ten o médico de cabeceira nas Neves, e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) llo imputa ao noso concello.

Polo que ten que ver co material de protección, este luns dende o Concello recollemos 20 batas e 150 mascarillas en Ponteareas. Tamén pantallas doadas por Abril Publicidade, de Salvaterra, e por Talleres Almudena, de Taboexa.

Hoxe entregáronse 10 batas e mascarillas ao persoal do Centro de Saúde, ás farmacias e ao persoal de limpeza do Concello e este martes faremos chegar 20 batas e mascarillas á coordinadora de Atendo, a empresa que fai o servizo de atención no fogar nas Neves.

No Concello estamos a recibir moitas doazóns de alimentos, despois da creación da iniciativa do Banco de Alimentos colaborativo e, ademais, hai un grupo de 20 persoas cosendo mascarillas e batas nas súas casas. Para mover este material, Uniprinter e Abril (empresas de Salvaterra) doaron bolsas, que nos facilitan o traslado do material.

Estas iniciativas amosan a xenerosidade das veciñas e veciños, a súa solidariedade e entrega, da que nos sentimos orgullosos e moi agradecidas e agradecidos.

 

Ler Máis
05 Abr
0

Colaboración da veciñanza co Banco de Alimentos

Dende o Concello pulamos pola alimentación sa e de proximidade.  Afondado nesta idea, desenvolvemos unha iniciativa para mellorar a calidade do Banco de Alimentos contando coa participación dos veciños e veciñas.

Créase así unha rede de ‘solidariedade veciñal’ con persoas que aportan os seus excedentes de horta, froita, ovos, etc contribuindo a que nas Neves haxa un banco de alimentos para axudar a quen o necesita e a fomentar a alimentación sa e de proximidade.

Para participar, é necesario contactar con Servizos Sociais chamando a 986 66 71 34 ou 689 98 42 10, dende onde coordinarán a recollida das aportacións.

Ler Máis
04 Abr
0

O Concello segue co reparto de material sanitario

Como estamos a facer dende hai días, dende o Concello continuamos co reparto de material sanitario (batas, mascarillas, luvas e xel desinfectante) ás persoas que están a traballar nos establecementos abertos ao público nas Neves. O obxectivo é o de garantir a protección destas persoas e reducir ao mínimo as posibilidades de contaxio do coronavirus.

Así mesmo, o Goberno local vén de iniciar o traballo para a creación dun servizo de apoio psicolóxico destinado especialmente a persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e Trastornos de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).

Trátase dun servizo coordinado polo Concello a través de Servizos Sociais, coa colaboración dos centros de ensino e o Centro de Saúde.

Ler Máis
04 Abr
0

Sanidade confirma que ata día de hoxe, non hai casos de COVID-19 nas Neves

 

Dacordo coa información facilitada pola Consellería de Sanidade. Nas Neves seguimos sen rexistrar casos de contaxio de coronavirus. Só onte, venres 3 de abril,  foron realizadas 16 probas con resultado negativo en todos os casos.

Dende o Concello séguese levando a cabo a adquisición de material sanitario. Xa chegou o enviado pola Xunta composto por 4 caixas de mascarillas, 4 caixas de luvas, 4 botes de lixivia, 6 botes de desinfectante de 500 mL e 20 monos de traballo.

Tamén está feito un pedido de Equipos de Protección Individual (EPI) á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), solicitando: mascarillas cirúrxicas, FFP2 e FFP3, luvas, batas desbotables, gafas de protección e produto desinfectante.

O Concello vén de facer a recollida de doazón de material reutilizable (lavable a altas temperaturas) cedido por Maite Isla (Coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas). Son 150 mascarillas, 10 batas de protección e outras 10 de alta resistencia coas súas respectivas mascarillas.

 

Ler Máis
02 Abr
0

Compostar é o presente

 

#TempoNaCasa. #TempoParaCompostar

Dende o Concello das Neves levamos anos traballando para xestionar de forma eficiente o lixo das nosas veciñas e veciños. Unha desas formas, que xa implantamos en todo o noso territorio, é o da compostaxe.

A compostaxe é unha alternativa ecolóxica de xestión dos biorresiduos domésticos (restos de comida e vexetais), que supoñen a metade da nosa bolsa do lixo.

Son moitos e diversos os motivos para compostar:

  • Prevención contra o coronavirus. Xa que evitamos a visita ao contedor verde.
  • Cumprir coa normativa europea de xestión de residuos.
  • Reducir o gasto na xestión dos residuos.
  • Reducir as emisións de CO2 e outros gases nocivos.
  • Empregar o compost en terras de cultivo e pechar así o ciclo natural.

Onde podemos compostar?

  • As persoas que dispoñen de vivenda con terreo poden compostar a materia orgánica nun composteiro individual.
  • As persoas que viven en edificios na zona urbana poden depositar a materia orgánica nos centros de compostaxe comunitaria (ccc) máis próximos.

E que facemos co que non se pode compostar?

  • Todo o lixo non orgánico debe separarse na casa e depositarse no contedor que corresponda nas áreas de reciclaxe.

Nestes días tamén estamos a promover a reflexión conxunta sobre o modelo social que desexamos, e quixemos facer fincapé na importancia do coidado do medio que nos rodea, por iso o primeiro tema do programa #TempoNaCasa que lanzamos é O ecoloxismo e a soberanía alimentaria. Máis información: asneves.gal/tempo-na-casa-durante-a-crise-polo-coronavirus-covid-19/

Ler Máis
31 Mar
0

Aprazado o cobro de impostos

Aprázase ata novo aviso o cobro de impostos durante o estado de alarma polo COVID-19

A relación dos impostos que se aprazan son os seguintes:

  • IVTM – Imposto de vehículos de tracción mecánina (rodaxe)
  • IBI – Imposto de ben inmobles (urbana e rústica)
  • IAE – Imposto de actividades económicas
  • Servizo de auga prestado polo Concello nas Neves
  • Servizo do lixo
  • Vados

Cando remate o estado de alarma, fixarase un novo calendario 

Ler Máis