Xa se poden solicitar as prazas do programa ‘Elixe Galicia’ para impulsar o turismo interno fóra da tempada estival.

👉 Destinado a: persoas de entre 18 e 30 anos, familias con fillos menores de idade ou pensionistas e maiores de 55 anos.

✅ Existen catro modalidades a escoller:
1. Rutas de patrimonio histórico e cultura
2. Rutas de natureza e montaña
3. Vacacións en zonas costeiras
4. Estadía en balnearios

🚌As viaxes realizaranse en provincias distintas ás de orixe entre o 30 de maio e o 15 de novembro de 2021, excepto no período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro, pontes e festivos. A administración autonómica subvenciona o 40% dos custes.

👉 As solicitudes deben realizarse nas axencias de viaxes, e, nun prazo de 10 días desde a presentación de toda a documentación requirida, informarase sobre a aceptación ou non ás persoas solicitantes. A continuación, pode realizarse a reserva da praza. A adxudicación de
prazas é por orde de inscrición e ata esgotar as mesmas.

👉 O prazo para solicitar prazas vence cando se ocupe a totalidade das mesmas ou ata 15 días antes da última saída.
👁👁 Só poderá presentarse unha solicitude por persoa, ano e programa.

➡️Formularios de solicitude:
Maiores: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291400
Mozas/mozos: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291596
Familias: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291617

ℹ️Para máis información:
 Páxina web do programa: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozaragora/elixe-galicia?langId=gl_ES
✅ Folleto informativo do programa:
https://www.turismo.gal/osdam/filestore/1/9/6/8/2_dacd281ef879eca/19682_8ad4c597ed10c14.pdf