Enoturismo Qué facer Visita As Neves
Bodegas Viña Nora S.L., PO-400, Liñares, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Ubicada nunha terraza natural sobre o río Miño, no barrio de Bruñeiras (As Neves), dentro da comarca vitícola do Condado do Tea e fronteiriza con Portugal.

A propiedade de Viña Nora está formada por 14 hectáreas de viñedos. A adega tutela ademais a produción dun centenar de pequenos colleiteiros, repartidos entre o Condado do Tea e outras comarcas como Val do Salnés e Ribeira do Ulla.

Tódolos anos, un dos seus principais retos é elaborar Nora da Neve, un viño seleccionado en cuxa composición interveñen os mellores acios de Albariño e que fermenta integramente en barricas de roble francés, rendindo homenaxe á tradición dos antigos brancos desta terra, que permanecían conservados en vellos envases de roble ata a comercialización no seu segundo ano de vida.

Adega elaboradora de viño branco baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ademais de degustar os seus exquisitos e premiados viños, é posible realizar visitas ás súas instalacións xa que está dentro da Ruta do Viño Rías Baixas. As marcas coas que comercializa os seus viños son: Val de Nora, Nora e Nora da Neve.