Enoturismo Qué facer Visita As Neves
Señorío de Rubiós S.L., EP-4202, Tortoreos, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Situada na parroquia de Rubiós, é unha adega diferente dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, xa que elabora viños brancos, pero tamén aposta pola elaboración con variedades tintas autóctonas.

Que a adega se encontre ubicada na Subzona do Condado do Tea marca fortemente a súa filosofía, por iso, o seu principal obxectivo é recuperar e manter o legado vitivinícola existente dende sempre nesta zona.

Os seus viños elabóranse con uvas autóctonas de máis de trescentos pequenos viticultores, xa que estas variedades son as que mellor se adaptan as terras que van dende a ladeira de San Nomedio ata o río Miño, terras fértiles e moi minerais, que orográficamente se dividen en parcelas moi pequenas, onde gran parte do traballo se fai de forma manual, aportando as viñas un trato cercano e menos intensivo. Destacan viños brancos, tintos, licores, augardente e viños espumosos tanto brancos como tintos. Comercializan baixo etiquetas como: Señorío de Rubiós, Nande, Manuel d’Amaro, etc.

Ofrecen visitas á adega xa que esta adega está incluida na Ruta do Viño Rías Baixas. Faise un percorrido polas instalacións e viñedos transmitindo como unha uva “pedral” ou “treixadura” chega a unha copa en unha cata ou degustación final.

CONTACTO:

Dirección: Bouza do Rato, S/N – Rubiós 36449 As Neves, Pontevedra

Tlf.: 986 66 72 12

Web: www.srubios.com

Email: info@srubios.com

  Señorío de Rubiós

  @SrodeRubios

S_de_rubios