Festas e romerías Qué facer Visita As Neves
Igrexa parroquial Santa Marta de Ribarteme, EP-4201, Santiago de Riberterme, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Celebrada cada 29 de xullo na parroquia de San Xosé de Ribarteme, sendo este día festivo local.

Este día celébranse sucesivas misas en honra á virxe, dende primeira hora da mañá, mais a cerimonia que acada máis repercusión é a que ten lugar ás 12:00 horas. Tras esta misa de mediodía, sae a procesión. Cando algunha persoa padeceu ou padece unha grave enfermidade ou pasou ela mesma ou algún familiar ou achegado por unha situación na que a súa vida correu perigo, os devotos déixanse levar pola súa fe e encoméndanse á Santa para que os salve. A rareza das promesas reside en que para realizalas, as persoas introdúcense en cadaleitos, vivas, e percorren dese modo o trazado da procesión. Os chamados romeros acompañan tamén a procesión cantando “Virxe Santa Marta, Estrela do Norte, traémosche os que viron a morte”. Esta peculiar celebración é coñecida mundialmente polo estraño modo que teñen os devotos de realizar as súas promesas.

Igrexa de Santa Marta de Ribarteme

No caso dos máis cativos, hoxe en día, os cadaleitos van sempre baleiros, aínda que antigamente isto non era así. A procesión é seguida por outros penitentes que, no caso de non querer ser transportados nos cadaleitos, cobren as súas roupas cunha gasa branca e camiñan, nalgúns casos descalzos, noutros de xeonllos, portando unha vela trala imaxe da Santa que tamén acompaña aos féretros na comitiva. Esta parte dos devotos representan xa unha figura máis tradicional e habitual nas romarías galegas.

A Romaría de Santa Marta de Ribarteme aspira a ser catalogada de interese turístico, xa que reúne tódalas características propias de este tipo de eventos. É unha Romería das más ancestrales de España e coñecida mundialmente polo estraño modo que teñen os devotos de realizar as súas promesas. Foi mesmo nomeada como a segunda festa máis rara do mundo polo periódico The Guardian no ano 2008, feito que confirma a transcendencia desta celebración a nivel internacional. Santa Marta leva a man dereita alzada en sinal de protección a aqueles que conseguirían escapar da morte, feito que os fieis compensan aportando diversas ofrendas económicas. Ademais na procesión acompañan a Santa Marta tamén San Benito e Virxe do Carme.

Escultura de Santa Marta