Patrimonio Natural Qué ver Sin categoría Visita As Neves
San Domedio, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36868, España Map

O Concello de As Neves vertébrase ó redor del. Nas súas ladeiras conflúen catro parroquias: San Pedro de Batalláns, Rubiós, San Xosé de Ribarteme e Taboexa, e pódese observar petroglifos nalgunhas das súas pedras. Conta tamén con un mirador dende o cumio do propio monte, a uns 690 metros de altitude. Dende aquí poderemos divisar unhas fantásticas vistas, admirando a contorna composta por enormes espazos naturais (como os vales de Xuliana e Termes, visualizando os concellos máis próximos, Portugal e podendo mesmo ver un día despexado as Illas Cíes. É un lugar perfecto para a organización de rutas, por exemplo en bicicleta.

Ademais, pódese aproveitar para visitar a Área Recreativa do Pousadouro, unha área de recente construción que constitúe un espazo perfecto para descansar, por exemplo para aqueles que realizan o Camiño dos Frades, sita nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está composta por castiñeiros, con sotobosque de varias especies.

Área recreativa de Pousadouro

Neste monte localízase a ermita de Sandomedio, construída tras a suposta aparición da Virxe y de fabricación sencilla, con unha soa nave e de modesta edificación. Existe neste lugar unha pedra con forma de cadeira da que se conta que San Nomedio se sentaba a charlar cos seus irmáns. O día 7 de agosto celébrase unha romería e relaciónase coa protección ás colleitas. Dende algunhas das parroquias limítrofes organízanse andainas ata a romería, incluso existen grupos de persoas que se desprazan ata a zona o día previo ao festexo. A festa prolóngase dende primeira hora da mañá durante todo o día. Os actos acompáñanse de música tradicional, postos de comida e bebida, etc.

Ermita de San Nomedio

Conta a lenda que o Sandomedio era o maior de sete irmáns ós que lles correspondía un monte da contorna para cada un: San Fins, San Bartolomeu, San Vicente, San Sebastián, San Amaro e a Virxe da Ascensión.  O Sandomedio era o maior e, o mesmo tempo, a figura central de todos eles, xa que dende a súa montaña podía velos a todos. Ó morrer un deles afogado os demáis decidiron subir ó alto dun monte, onde hoxe existen as súas respectivas capelas. Tamén se di que esconde un “brazo de mar”, a máis de atribuirlle a posibilidade de ser o mítico Medulio.