Ruta proposta sobre tres río galegos como son o Tambre, Ulla e Miño. Neste caso, no itinerario relacionado co río Miño, centrarémonos na exposición do traxecto ao seu paso polo concello das Neves.

Con inicio na Casa da Auga en Vide e fin na Área Recreativa de Santa Mariña, Liñares. Este percorrido nun principio está pensado para ser desenrolado en coche, pese a que ten unha extensión de 8 kilómetros, polo que podería ser realizado a pé. Ruta que vai pararela ao cauce do río Miño, ofrecendo a oportunidade de visitar as típicas pesqueiras empregadas para a captura da lamprea. Son dúas as incluídas nesta ruta, denominadas Peneliña e Varandoiro.

Unha vez chegados á Área de Santa Mariña, atoparemos alí un lugar perfecto para desfrutar de natureza e tranquilidade. É neste punto tamén onde se sitúa o comezo do Camiño dos Pescadores, polo que pode ser unha boa oportunidade para realizar esta pequena ruta de sendeirismo.