Patrimonio Cultural Qué ver Visita As Neves
Ponte das Puntaleiras, Vide, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Construcción incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034049. Situada tamén sobre o río Termes á altura de Mirenciños, na parroquia de Vide, pola que pasa o Camiño dos Frades. Pese a que algunhas referencias databan a esta ponte como unha construción da época romana, probablemente sexa produto da Alta Idade Media. A ponte consta dun só arco apuntado duns 5 metros de altura e 7,5 metros de ancho. Na parte interior deste arco existen diversas marcas de canteiro. A lonxitude total da ponte ronda os 20 metros, e a anchura os 3,30 metros.