Patrimonio Cultural Qué ver Visita As Neves
Ponte da Senra, Vide, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Ponte Romana situada sobre o río Termes, incluida no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034048 e igualmente recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC).

Esta ponte conta cun arco de medio punto dunha altura de 3,50 metros e lomo de mula, característico das pontes baixo medievais. Sen embargo a ponte que hoxe vemos sería unha reconstrucción de outro anterior que nos levaría ao século XVIII ou principios do XIX. Seguramente fora empregado polas rutas de arrieiros que portaban viño, pescado e outras mercancías ata as cidades nobles e centros eclesiásticos. Consérvase a súa calzada e un tramo empedrado duns 50 metros. A lonxitude total da ponte é de 14 metros e o seu ancho de 3,30 metros. Está realizada con pequenos sillares de distinta tipoloxía e perfección, situándose os máis perfectos no arco.

A ponte vista dende o Río Termes

Ademáis de resultar un atractivo por si mesma, atópase nun valioso conxunto etnográfico, conformado por muíños e un peto de ánimas. Por esta ponte cruzaban os peregrinos, que procedentes de Portugal, dirixíanse a Santiago, santo que deu nome á parroquia de Santiago de Ribarteme.

Hoxe en día esta ruta é coñecida como o Camiño dos Frades. Este é un antigo camiño que se dirixía ao santuario da Franqueira e que segundo a tradición xa percorría a raíña Isabel de Portugal, alá polo século XII, que nas súas viaxes cara Santiago, descansaba na Franqueira e Pontevedra.

A ponte que nos ocupa atravesa o Río Termes no lugar de Pereiras, en Senra. Encóntrase baixo un paraxe maravilloso, onde a vexetación e a arte secular fúndese nun fantástico marco incomparable.

Río Termes

A lenda conta que toda muller cun embarazo complicado, debía achegarse á ponte e deitarse debaixo dela, á espera de que chegaran un home e unha muller, que posteriormente serían os padriños do neno. Estas persoas terían que acudir a xunto da rapaza e botarlle auga sobre o abdome. Durante este proceso, ningún animal podería cruzar a ponte para que o feitizo fora efectivo polo que, co motivo de tentar evitalo, a cada lado da ponte se situaría algún familiar da futura nai. En caso contrario, a muller abortaría.

O entorno da ponte

Na contorna da ponte existen varios elementos. Ó lado da ponte existen os restos dun gran muíño de dúas rodas con mostras de ter sido abandoado no século XX. Uns metros máis arriba hai outro muíño de máis modestas dimesións.

Por último, xunto á ponte existe un elemento moi común neste tipo de pontes.Trátase dun peto do ano 1815, de tipo aberto e tellado plano, coronado por unha cruz octogonal de pedra. O seu valor e singularidade recaen na súa policromía.