Patrimonio Arqueolóxico Qué ver Visita As Neves
Petroglifos de Taboexa, EP-4202, Tortoreos, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Múltiples son os petróglifos que nos últimos anos apareceron nas Neves que datan da Idade de Bronce: Os do Castro de Altamira, os da Fental da Minada, os do Morgallón ou os da Cabreira. Rectángulos, zigzags, coviñas, labirintos ou espirais que debuxan todo un mundo simbólico de gran importancia patrimonial.

Recentemente, descubríronse os gravados da Coutada, quizais o achado máis importante para a arte rupestre galega das últimas décadas.

Nunha gran lousa de granito, nas abas do monte San Nomedio o visitante poderá ver varias figuras antropomorfas e máis de 20 figuras zoomorfas, destacando a silueta dun gran cabalo de máis dun metro de lonxitude.

A maioría dos animais que se representan son équidos e algún can nunha singular escena de caza de máis de 4000 anos de antigüidade.

Para coñecelos pódese concertar unha visita a través do Centro de Interpretación do Patrimonio e Local sociocultural de Taboexa. O mellor momento para observar os gravados son as primeiras e as últimas horas do día, cando a luz do sol incide oblicuamente sobre os mesmos.