Patrimonio Cultural

COÑECE A NOSA VILA

Patrimonio Cultural

escul-redondelo00

ESCULTURAS DE REDONDELO

No lugar de Redondelo, existen unha serie de obras de estilo moderno nunha ladeira rochosa do monte Coto do Facho de 184 metros. Son varias as esculturas realizadas en distintos materiais. A máis representativa é “O Xigante” na que representa a un xigante que se sentou a contemplar as belas panorámicas que dende alí se divisan do val do Miño. Foi inmortalizada en cemento por obra de Mario Iglesias González. Outra das esculturas é “Punto de partida”, composta por catro portas de aceiro, cada unha delas cunha apertura diferente e que representan os catro puntos cardinais, creación de Carlos Tejo. Unha circunferencia de granito con debuxos de sinxelos bonecos se localiza xunto a estrada. O seu autor é Manuel Rial Pérez e a obra non ten título. Outra de estas esculturas son unas pisadas de metal dispostas no chan e que ascenden hasta a roca. É obra de José Luis Pereira Rodríguez e se titula “Sendeiro do coñecemento compartido”.

O Xigante

Autor: Mario Iglesias González

Punto de partida

Autor: Carlos Tejo

Sen título

Autor: Manuel Rial Pérez

Sendeiro do coñecemento compartido

Autor: José Luis Pereira Rodríguez

PESQUEIRAS SOBRE O MIÑO

Dende moi antigo, este tipo de construcións tradicionais utilízanse principalmente para a captura da raíña dos nosos ríos, a lamprea.

PONTE DAS PUNTALEIRAS

Pese a que algunhas referencias databan a esta ponte como unha construción da época romana, probablemente sexa produto da Alta Idade Media.

FURNAS DE RIBADEIRA

na parroquia de Rubiós, existen unhas cavidades rochosas de cronoloxía descoñecida escavadas na roca branda de xisto.

Ponte Romana situada sobre o río Termes

Ponte da Senra

Incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034048 e recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC).

Esta ponte conta cun arco de medio punto dunha altura de 3,50 metros e lombo de mula, característico das pontes baixo medievais. Sen embargo a ponte que hoxe vemos sería unha reconstrución de outro anterior que nos levaría ao século XVIII ou principios do XIX. Seguramente fora empregado polas rutas de arrieiros que portaban viño, pescado e outras mercancías ata as cidades nobres e centros eclesiásticos. 

Consérvase a súa calzada e un tramo empedrado duns 50 metros. A lonxitude total da ponte é de 14 metros e o seu ancho de 3,30 metros. Está realizada con pequenos perpiaños de distinta tipoloxía e perfección, situándose os máis perfectos no arco. Ademais de resultar un atractivo por si mesma, atópase nun valioso conxunto etnográfico, conformado por muíños e un peto de ánimas. Por esta ponte cruzaban os peregrinos, que procedentes de Portugal, dirixíanse a Santiago, santo que deu nome á parroquia de Santiago de Ribarteme.

Hoxe en día esta ruta é coñecida como o Camiño dos Frades. Este é un antigo camiño que se dirixía ao santuario da Franqueira e que segundo a tradición xa percorría a raíña Isabel de Portugal, alá polo século XII, que nas súas viaxes cara Santiago, descansaba na Franqueira e Pontevedra. A ponte que nos ocupa atravesa o Río Termes no lugar de Pereiras, en Senra. Encóntrase baixo un paraxe marabilloso, onde a vexetación e a arte secular fúndese nun fantástico marco incomparable.

A lenda conta que toda muller cun embarazo complicado, debía achegarse á ponte e deitarse debaixo dela, á espera de que chegaran un home e unha muller, que posteriormente serían os padriños do neno. Estas persoas terían que acudir a xunto da rapaza e botarlle auga sobre o abdome.

Durante este proceso, ningún animal podería cruzar a ponte para que o feitizo fora efectivo polo que, co motivo de tentar evitalo, a cada lado da ponte se situaría algún familiar da futura nai. En caso contrario, a muller abortaría.

Na contorna da ponte existen varios elementos. Ó lado da ponte existen os restos dun gran muíño de dúas rodas con mostras de ter sido abandonado no século XX. Uns metros máis arriba hai outro muíño de máis modestas dimensións.
Por último, xunto á ponte existe un elemento moi común neste tipo de pontes.Trátase dun peto do ano 1815, de tipo aberto e tellado plano, coroado por unha cruz octogonal de pedra. O seu valor e singularidade recaen na súa policromía.

CONCELLO

OFICINA DE TURISMO

Sitio implementado por GNOMIO SOLUCIONES WEB. Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PRIVACIDADE.