Patrimonio Cultural Qué ver Visita As Neves
Furnas de Ribadeira, EP-4202, Tortoreos, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

As Furnas da Ribadeira, sitas na aba sur do monte San Nomedio, na parroquia de Rubiós, son pequenas buracas escavadas directamente na rocha de xisto con teito abovedado e cunha lonxitude de entre dous e cinco metros. Pechadas por diante cunha porta de madeira, servían para gardar o gando miúdo (cabras e ovellas que pastoreaban en semiliberdade polo monte de San Nomedio) así como os apeiros de labranza.

Os animais eran guiados cara as ladeiras do monte, todas as mañáns polos rapaces da aldea, ante o perigo da aparición de depredadores como o lobo. Os mozos repartíanse o traballo de acompañar o gando por quendas, que se establecían segundo o número de casas.