Concello das Neves

O Concello aproba o maior orzamento da súa historia

O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes o Orzamento Municipal para 2023, o sétimo que saca adiante a coalición de Goberno BNG-PSOE e o maior de toda a historia das Neves. As contas saíron adiante cos 6 votos a favor dos representantes dos partidos de goberno e os 5 en contra do Partido … Leer más

Aberto o prazo para solicitar axudas para o alugueiro de vivenda

Xa está aberto o prazo o Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do ‘Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025’ que ten por obxeto facilitar o acceso e permencia nunha vivenda en récime de aluguer, a sectores da poboación con poucos medios económicos. Quenes poden beneficiarse? Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: … Leer más

O Concello cede temporalmente unha casa a unha familia de 6 membros que vivía en situación extrema

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do Concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro. Vivían nunha situación … Leer más

Abre o prazo de inscrición para a actividade ‘Compartindo Xuntas’

Ábrese o prazo de inscrición para as veciñas que queiran participar na actividade  “Compartindo Xuntas”,  de xaneiro a xullo do 2023. Trátase de actividades grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos, para pasalo ben e tecer lazos entre veciñas dentro do programa exercicios saudables. A Inscrición pode facerse en: Servizos Sociais Sede electrónica … Leer más

Novos espazos biosaudables en Vide e San Cibrán

As escolas unitarias de Vide e San Cibrán contarán con novos espazos biosaudables, tal e como informou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, ás veciñas e veciños. Os mesmos, nos que investiranse 39.000€ procedentes do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, teñen coma obxectivo a mellora da saúde das persoas adultas, mediante a práctica de exercicio … Leer más

Aberto o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa

O Diario Oficial de Galicia publicou o listado das entidades colaboradoras que participarán na xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, polo que os cidadáns interesados poderán solicitar os bonos ata o 16 de decembro, dacordo con: bonos dixitais. Solicitudes Co obxecto de facilitar o proceso de solicitude dos bonos, as persoas interesadas … Leer más

As Neves, mellor sen tabaco

-Alumas e alumnos do Colexio e do Instituto das Neves forman un gran lazo branco para sensibilizar sobre a necesidad de crear novos espazos sen fume A Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra, presentou este venres na Neves o seu proxecto ‘Espazos sen Fume’. Trátase dunha iniciativa que promove a creación de ambientes libres … Leer más

Cursos de formación no coidado de menores

Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra)  en colaboración  co Concello de As Neves,  activa  o ‘Plan Corresponsables’ para dignificar o sector dos coidados e favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.  Ofrecerase formación co obxectivo de transformar en actividade laboral regulada … Leer más

Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, o estado da conta “As Neves Zona 0”

Como xa é habitual, Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, oestado da conta ‘As Neves Zona 0’👉  CONTAS As Neves Zona 0,  así como as actividades nas que estivo implicada e iniciativas nas que participou. Durante este último ano continuamos colaborando con todos os centros escolares das Neves a través do proxecto “O … Leer más